Catálogo

Amosando 361 - 372 de 649
Autor/a
Puñal Riobóo
Janet
Autor/a
Baños Álvarez
Elena
Autor/a
Varela Lema
Leonor [et.al.].
Lingua/s
Castelán

Documento en soporte electrónico, preparado co obxectivo xeral de sintetizar os aspectos máis importantes en relación cos principios, procedementos e metodoloxía da elaboración de informes rápidos de avaliación de tecnoloxías sanitarias no contexto da Rede Española de Axencias de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias e Prestacións do Sistema Nacional de Saúde.

Cartilla concibida para rexistrar os datos sanitarios de interese e levar un control de vacinas que se van administrando ao longo do período de vixencia destas, así como outros datos que consideren relevantes as persoas profesionais sanitarias.

Lingua/s
Castelán
Inglés

Editado con motivo da exposición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 20 de febreiro ao 14 de maio de 2015, este catálogo é unha completa publicación que ofrece unha análise pormenorizada dunha etapa fundamental na formación de Picasso, a comprendida entre 1891 e 1895. Estuda con detalle as experiencias e as ensinanzas colleitadas neses anos cruciais para poder comprender dun xeito máis profundo a repercusión que tivo a súa obra. Presenta dez seccións, cos correspondentes textos que explican o contido da mostra, xunto coas imaxes das obras expostas.
Os textos realizáronos a comisaria, Malén Gual, xunto con outros especialistas, como Xosé R. Barreiro, X. Antón Castro, Rafael Inglada, Marilyn McCully, César Antonio Molina, Elena Prado, Eduard Vallès ou Rubén Ventureira.
Complétase cunha bibliografía xeral, a relación catalográfica das preto de máis de 200 obras que forman parte da mostra e e a tradución dos textos ao inglés.

Catálogo en galego/castelán/inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en color das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.

0,00 €
Autor/a
Varela Lema
Leonor
Autor/a
Atienza Merino
Gerardo
Autor/a
López García
Marisa
Lingua/s
Castelán

Publicación electrónica en CD, que recolle o traballo centrado en identificar e analizar os criterios e procedementos empregados para a priorización de tecnoloxías sanitarias no nivel nacional/internacional, co fin de establecer criterios universais e enfoques prácticos que poidan servir de base para o desenvolvemento dun marco de priorización para o SNS.

Publicación electrónica en liña dirixida a todas as persoas profesionais do ámbito da nefroloxía. Descríbe a epidemioloxía da enfermidade renal terminal e os seus tratamentos, tanto a diálise coma o transplante na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, recolle os datos correspondentes a 2013 e a evolución dos últimos anos.