Catálogo

Amosando 625 - 636 de 641
Autor/a
Espeso Lorenzo
Mª Nieves
Coautor/a
Fernández Gil
Manuel
Coautor/a
Pérez Santiago
Mª Isolina
Lingua/s
Castelán

Este estudo, deseñado e elaborado por médicos e enfermeiros especialistas en Medicina do Traballo, forma parte da Estratexia galega en prevención de riscos laborais 2011-1014 e constitúe un obxectivo prioritario na loita contra a sinistralidade laboral deste sector.

Coordinador/a
Espeso Lorenzo
Mª Nieves
Lingua/s
Castelán

Esta guía, froito do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente insírese como unha das actuacións de desenvolvemento do Programa Galicia inviste no rural.
Nela danse unhas pautas básicas para a prevención e mellora do traballo diario das persoas que traballan no marisqueo a pé co fin de mellorar a súa saúde e garantir o seu benestar.

Guía técnica do ISSGA cuxo obxectivo é a elaboración do documento de protección contra explosións. Este documento é obrigatorio en certas instalacións, de acordo co Real decreto 681/2003, sobre protección da saúde e a seguridade dos traballadores expostos aos riscos derivados de atmosferas explosivas no lugar de traballo, trasposición da Directiva 1999/92/CE

A avaliación de riscos resultará imprescindible para xestionar o risco de manipulación manual de pacientes. Os seus obxectivos serán por tanto mellorar as condicións de traballo, diminuíndo a carga biomecánica, como a implementar unha mellora da calidade asistencial. A avaliación dos risco requirirá ademais dunha planificación, e constará de varias etapas, entre as que sinalamos a identificación do problema, a estimación e avaliación do nivel de risco e a proposta das medidas preventivas axeitadas aos riscos detectados.