Catálogo

Amosando 613 - 624 de 641
0,00 €

Publicación que analiza a evolución e a situación das mulleres traballadoras no actual mercado laboral galego. Este informe actualiza os datos ofrecidos na anterior publicación sobre este colectivo elaborada no ano 2006. Móstranse as evolucións nos últimos anos dos indicadores que caracterizan o mercado laboral feminino: a participación laboral das mulleres, as afiliacións no sistema da Seguridade Social, o paro, contratación, nivel salarial, formación para o emprego e a siniestralidade laboral nas mulleres traballadoras. Analízanse en primeiro lugar a situación e evolución demográfica da poboación feminina na comunidade galega.

Publicación que analiza a evolución e a situación da mocidade no actual mercado laboral galego. Este informe actualiza os datos ofrecidos na anterior publicación sobre este colectivo elaborada no ano 2007. Móstranse as evolucións nos últimos anos dos indicadores que caracterizan o mercado laboral dos traballadores menores de 30 anos: a participación laboral segundo a Enquisa de Poboación Activa, as afiliacións no sistema da Seguridade Social, o paro, contratación, nivel salarial, formación para o emprego, a mobilidade laboral e a siniestralidade laboral dos mozos galegos. Analízanse en primeiro lugar a situación e evolución demográfica deste colectivo na comunidade galega.

Esta segunda publicación fai fincapé na planificación preventiva. En particular, detállanse as revisións de mantemento e as inspeccións técnicas de seguridade que se deben esixir, as primeiras en función do uso do equipo e as segundas cunha periodicidade mínima anual. Outro aspecto práctico importante que garante a seguridade é a formación dos traballadores, para os que se establecen dous niveis de cualificación: o de operador e o de supervisor de operacións de supervisor de operación de manutención con carretillas.

Descrición das condicións laborais das persoas traballadoras nas empresas no ámbito da prevención de riscos . Dáse a coñecer de primeira man os datos de recursos e da organización preventiva con que contan os empresarios para garantir a seguridade e a saúde e poder así, estimar a actividade preventiva das empresas

Este informe pretende afondar na realidade da xuventude galega no ámbito do emprego, máis concretamente achegar a información pertinente para analizar como é a súa representación nas diferentes ocupacións que conforman o actual mercado laboral. Os menores de 30 anos supoñen o 18% da poboación activa galega, é dicir, aquela que está en idade de traballar e consta como ocupada ou na procura activa dun novo emprego, pero, ao mesmo tempo, son o 34% dos demandantes parados. Esta desigualdade tan evidente dá boa conta das dificultades que a mocidade ten no acceso ao mercado de traballo e da especial vulnerabilidade que esta situación xera para este colectivo.

O presente estudo ofrece unha descrición, a través da análise de dez ocupacións, da situación na que se atopan os mozos galegos no seu acceso ao mercado laboral tendo en conta a posibilidade de renovación ou substitución que poida supor o paulatino abandono do sistema produtivo da poboación máis envellecida