Catálogo

Amosando 433 - 444 de 641

Boletín de periodicidade trimestral que nace cun dobre obxectivo: ser punto de referencia na responsabilidade social empresarial para as organizacións galegas do territorio e darlles visibilidade a todas aquelas accións que supoñan un impulso para facer real a RSE en Galicia.

Boletín de periodicidade trimestral que nace cun dobre obxectivo: ser punto de referencia na responsabilidade social empresarial para as organizacións galegas do territorio e darlles visibilidade a todas aquelas accións que supoñan un impulso para facer real a RSE en Galicia.

Documento informativo que aborda conceptos e figuras de interese no ámbito da coordinación de actividades empresariais en reparación de buques pesqueiros. Tamén analiza os obxectivos e procedementos de coordinación establecidos desde os preliminares das obras ata o seu fin.

Información na que se expoñen de maneira clara e sinxela os principais danos que poden causar os produtos químicos, cun especial fincapé na importancia de identificar correctamente os produtos e as situacións que poden xerar perigo, no papel do traballador na prevención destes riscos e en como actuar ante casos de emerxencia.

0,00 €
Autor/a
Puñal Riobóo
Janet
Autor/a
Sánhez González
María del Carmen
Autor/a
Atienza Merino
Gerardo
Director/a
López García
Marisa
Lingua/s
Castelán

Informe editado en formato dixital que ten como obxectivo avaliar a efectividade/eficacia e seguridade da anxioplastia con balón liberador de fármacos en doentes con cardiopatía isquémica debida a estenose coronaria, tanto se é de novo coma se se trata dunha reestenose sucedida sobre un stent previo (metálico ou liberador de fármacos).

A Memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente ao ano 2014 recolle a actividade da propia Oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e transplante tanto de órganos coma de tecidos. Tamén se recollen os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para a extracción e o implante de órganos e tecidos e os establecementos de tecidos.
En canto á Oficina, descríbense as actividades que desenvolveu, así como os obxectivos para o vindeiro ano.