A mobilidade xeográfica constitúese como unha das alternativas máis eficaces ante a situación que atravesa na actualidade o mercado laboral. O informe pretende ilustrar esta realidade amosando unha radiografía dos fluxos de desprazamentos xeográficos que se establecen dentro de Galicia e con respecto ás distintas comunidades autónomas do resto do Estado, albiscada dende diversas variables que configuran unha panorámica xeral da mobilidade laboral.