Catálogo

Amosando 553 - 564 de 594

Este informe mostra a realidade actual e a recente evolución do sector do turismo e a hostalaría a través dos principais indicadores que caracterizan a situación do mercado laboral en Galicia. Para iso utilízanse unha serie de magnitudes que describen a evolución das diferentes variables que explican o comportamento do mercado laboral do sector turístico e hostaleiro de Galicia. Esta análise está baseada en datos elaborados a partir de fontes de información estatística como o Instituto Galego de Estatística, o Servizo Público de Emprego de Galicia ou a Tesouraría da Seguridade Social.

Este informe pretende ser unha aproximación en tempo real á realidade das persoas discapacitadas no mundo laboral. As persoas con discapacidade conforman un grupo moi heteroxéneo, con casuísticas e problemáticas moi diferentes segundo o tipo de discapacidade, pero todas elas teñen algo en común: adoitan necesitar axudas e apoios para participar en todos os ámbitos da vida en igualdade de condicións que o resto da poboación. No informe analízase o Censo de persoas con discapacidade de Galicia e da Enquisa de discapacidade, autonomía persoal e situacións de dependencia (EDAD 2008), a cal leva a cabo o Instituto Nacional de Estatística. Ademais analízanse as características laborais, a contratación e o paro rexistrado do colectivo de persoas con discapacidade en comparación cos datos presentados polo conxunto da poboación e cos datos das restantes comunidades autónomas españolas.

Descrición dos tipos de artes de enmalle, como se faena e os riscos e medidas preventivas específicos do enmalle. Tamén se inclúe un apartado cos puntos máis importantes, a normativa, bibliografía e os enderezos de interese.

Análise dos sistemas de xestión da prevención de riscos laborais. En primeiro lugar faise unha referencia aos antecedentes legais para de seguido entrar na súa normalización e certificación e rematar cos elementos que compoñen un sistema de prevención.

Esta publicación proporciónanos un coñecemento sobre o mercado laboral no sector da dependencia na Comunidade Autónoma galega. Danse datos de afiliación, paro rexistrado e comtratación por sectores de actividades e ocupacións

Colección de 17 fichas que describen os principais riscos e medidas preventivas que se deben adoptar no traballo nas canteiras de lousa. Inclúe riscos no uso de explosivos, risco de corte do fío diamantado, caída de obxectos, dos equipos que se desprazan, riscos eléctricos, primeiros auxilios e a lexislación básica, entre outros.