Catálogo

Amosando 1 - 6 de 6
85,00 €

A obra consta de dous tomos e un DVD incluido en carpeta.
O tomo primeiro, co título A recuperación dun sitio histórico/ Historia e memoria fai un percorrido pola historia das illas, San Simón e San Antonio (situadas ao fondo da Ría de Vigo), desde a Prehistoria á Idade Contemporánea, con participación de varios autores. Dedícase un capítulo aos estudos arqueolóxicos desenvolvidos nas illas e ao establecemento e á historia arquitectónica do lazareto, e ao estudo e recordo dos feitos e persoas que viviron nas illas cando estas eran unha cadea para os presos políticos tras a guerra civil. Todo cunha ampla mostra fotográfica e de imaxes antigas das diferentes épocas das cales queda imaxe gráfica
O tomo segundo da obra, co título A recuperación dun sitio histórico/Plan director de rehabilitación afronta, tras unha presentación do arquitecto galego César Portela, o citado Plan director das illas, un mapa de ambas as dúas e un estudo individualizado por cada un dos edificios e os seus contornos, con planos e profusión de fotografías. A seguir, unha serie de colaboracións, con reportaxes fotográficas das illas, os seus contornos e espazos exteriores, das esculturas e da vexetación botánica, xunto a fermosas imaxes das illas na noite. Varios estudos e as traducións para o castelan e ó inglés.
Xúntase á obra un vídeo en formato DVD, de algo máis de 40 minutos, que recolle, con opción lingüística de galego, castelán e inglés, os temas tratados nos libros. Un repaso histórico e un estudo pormenorizado dos elementos incluídos no plan director.
Os tres volumes, incluíndo o soporte do DVD, están luxosamente editados e incluídos nunha caixa a modo de encadernación o que favorece e facilita a súa conservación.

Publicación electrónica verbo do cambio demográfico, cada vez máis intenso e que afecta un número crecente de rexións europeas, polo que empeza a se considerar como un risco. As consecuencias precisan afrontarse como un desafío, en especial naquelas áreas rurais desfavorecidas e periféricas.

Autor/a
Álvarez Herrera
Cristino
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

O Camiño Francés, o máis transitado, é hoxe unha ruta enoturística de primeira clase, unha das máis interesantes do mundo. O peregrino, desde que cruza os Pireneos, viaxa a través de bisbarras nas que se elaboran viños de altísima calidade. Cristino Álvarez fai un percorrido polas variedades e mais polas zonas vitivinícolas que marcan esta ruta milenaria.

Esta guía hai que enmarcala dentro das actividades desenvolvidas no proxecto POCTEP "Eurorexión Termal e da Auga". Trátase dunha guía turística das vilas de Verín, Chaves e Vidago de que contan cun fío condutor común, as augas termais. A guía fai unha descrición das rotas, percursos e demais recursos turísticos asociados ás augas termais, das tres vilas que compoñen a Eurocidade, con mapas detallados e multitude de fotografías da zona. Así mesmo, conta cun catálogo de actividades complementarias (aloxamento, restaurantes, compras) e cun mapa grande descritivo da zona.