A presente Guía Práctica de Feridas traumáticas agudas de partes brandas. Guía nº8, intégrase dentro da Colección de Guías Prácticas de Feridas do Servicio Galego de Saúde (Sergas); de acordo coas estratexias e liñas de acción promovidas a través do Programa Úlceras Fóra que coordina a Subdirección Xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa.
Esta guía confórmase como unha síntese das mellores intervencións e prácticas preventivas ou terapéuticas dispoñibles para o coidado das persoas con feridas traumáticas agudas nas partes brandas, segundo a práctica clínica baseada na evidencia científica máis actual.