Catálogo

Amosando 49 - 57 de 57
Autor/a
Álvarez Herrera
Cristino
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

O Camiño Francés, o máis transitado, é hoxe unha ruta enoturística de primeira clase, unha das máis interesantes do mundo. O peregrino, desde que cruza os Pireneos, viaxa a través de bisbarras nas que se elaboran viños de altísima calidade. Cristino Álvarez fai un percorrido polas variedades e mais polas zonas vitivinícolas que marcan esta ruta milenaria.

Avaliar a efectividade e seguridade da radiociruxía estereotáxica con aceleradores lineais para o tratamento de doentes con neuralxia de trixémino que son refractarios aos fármacos, a pesares de utilizar doses axeitadas, ou non toleran o tratamento médico debido aos efectos adversos.

Este documento ten características especiais na edición por que responde a requisitos de edición do Plan de Calidade para o SNS, aprobado en Consello Coordinador de Publicacións da Xunta de Galicia, con data de 29 de xuño de 2010. O prezo de venta ao público estipúlase dentro do Plan de Calidade para o SNS.

Folleto no que se expoñen consellos para os peregrinos que realizan o Camiño de Santiago. Tamén inclúe a Tarxeta Sanitaria do Peregrino, os puntos de atención continuada no Camiño Francés e o dispositivo asistencial da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia para o Xacobeo 2010.

Libro-catálogo que complementa a exposición "Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez". Este libro trata de ser o texto definitivo sobre a arte do románico en Compostela e Europa nos tempos de Diego Xelmírez. As calidades científicas dos contidos están avaladas polas personalidades invitadas a colaborar na publicación. Trátase de autores de referencia ineludible na historiografía sobre este tema, que cos seus escritos levan os obxectivos do catálogo máis alá do campo divulgativo.