Publicación en liña que recolle as estatísticas sociolaborais competencia da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e que forma parte do Plan galego de estatísticas como operación AE406, correspondente ao exercicio de 2014.
Publicación en liña que recolle as estatísticas sociolaborais competencia da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e que forma parte do Plan galego de estatísticas como operación AE406, correspondente ao exercicio de 2014.
Exposición que mostra unha colección de imaxes recuperadas sobre os cines galegos, algún deles en perigo de desaparecer. O traballo, do fotógrafo Manuel Sendón, é tamén un testemuño da súa liña creativa.
Publicación na que se dá a coñecer unha colección privada inédita de fotografías realizadas entre 1890 e 1950, e que pertenceron a Arthur Ginnings, misioneiro protestante británico, que viviu durante 40 anos na localidade de Ares, tentando difundir na zona a idea evanxélica. Esta colección constitúe un importante arquivo documental para o coñecemento da implantación e posterior evolución das comunidades evanxélicas en Galicia e, asemade, constitúe un referente de interese desde o punto de vista etnográfico, xa que contén interesantes imaxes inéditas de monumentos, espazos naturais e persoas, tanto de Galicia coma de España, tomadas por fotógrafos afeccionados e anónimos.
A orde das primeiras cousas é o catálogo da exposición do mesmo título organizada polo Centro Galego de Arte Contemporánea no inverno de 2015.
Desde os seus inicios, a obra de Carlos León (Ceuta, 1947) evidenciouse coma unha das propostas fundamentais para comprender o proceso de ruptura que, operando desde o corazón mesmo da pintura, derivou as prácticas pictóricas cara a unha creba consciente do réxime de visibilidade e abriunas ao espazo baleiro dunha expresividade que extraviou o suxeito dos seus requirimentos, unha expresividade que traza -no plano desolado en que deveu o cadro- os rastros desa gozosa procura. Ademais dos textos de Fernando Castro Flórez e do propio artista, o catálogo inclúe unha introdución asinada polos comisarios da mostra, Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre, e unha entrevista con Carlos León.
Publicación electrónica en liña que trata verbo da obesidade como enfermidade crónica cunha elevada prevalencia no noso medio. A súa orixe é multifactorial e está determinada pola interacción de numerosos factores que actúan a través de mediadores fisiolóxicos de inxestión e gasto de enerxía. O exceso de peso é hoxe o terceiro factor de risco para todas as causas de morte e discapacidade, despois do tabaco e a hipertensión arterial.
Constitúe ademais un factor de risco para o desenvolvemento doutras enfermidades crónicas, polo que actualmente, e dada a súa prevalencia, constitúe un problema de saúde pública de alcance mundial.
Con este documento técnico preténdese sentar as bases e definir as estratexias e liñas de acción que permitan levar a cabo intervencións tendentes a diminuír a prevalencia da obesidade infantil en Galicia.
Documento estratéxico que se ofrece como folla de ruta para hospitais e centros de saúde do Sergas a partir de 2015.
Publicación que difunde unha serie de instrucións, consensuadas polas partes implicadas, para mellorar o proceso de certificación por parte dos facultativos das mortes que se produzan na provincia de Lugo.
Documento no que se define paso por paso o proceso que debe seguir o diagnóstico, tratamento e seguimento de todas as persoas doentes con sospeita de fibrilación auricular na Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.
Froito do consenso entre profesionais de sete especialidades diferentes: Cardioloxía, Medicina Interna, Neuroloxía, Urxencias, Medicina de Familia, Farmacia e Hematoloxía, o obxectivo é introducir vías, con circuítos e actividades definidos polos que o proceso discorra de xeito fluido.
A fibrilación auricular constitúe o terceiro motivo de visita á área cardiovascular da XXI de Santiago, xa que representa o 13% das consultas. É tamén un importante motivo de demanda asistencial no Servizo de Urxencias de Compostela.
Publicación a través da cal a Consellería de Sanidade define a política de saúde pública no eido da prevención e atención da infección polo VIH e as demais ITS en Galicia. Este plan publicarase en formato pdf a través da páxina web da Consellería, para difundir esta política sanitaria entre os sectores implicados e as persoas afectadas, co obxectivo de controlar o espallamento do VIH e outras ITS, así como de mellorar a calidade de vida da poboación galega.
Boletín en liña no que se presenta o novo medicamento NALMEFENO, indicado para a redución do consumo de alcol en pacientes adultos con dependencia e que presentan un nivel de consumo de risco (NCR) alto, sen síntomas de abstinencia físicos e que non requiren unha desintoxicación inmediata. Usarase como apoio á psicoterapia en pacientes con dependencia de alcol para reducir de maneira substancial o nivel de inxesta,
A seguridade clínica constitúe una dimensión clave de calidade asistencial e un dereito dos pacientes recoñecido por organismos como a OMS ou a Organización Panamericana da Saúde. A EOXI de Santiago presenta a Guía de Prácticas Seguras na atención sanitaria que engloba dez liñas de actuación sanitaria coas principais recomendacións que os profesionais deben seguir para proporcionar unha asistencia segura e de calidade. Na guía abórdanse aspectos comúns relacionados coa asistencia sanitaria e enfocados fundamentalmente á prevención de erros como a identificación de pacientes, a hixiene de mans, o uso seguro de medicamentos, a seguridade de probas diagnósticas etc., co obxectivo de promover e desenvolver o coñecemento e a cultura de seguridade entre os profesionais sanitarios.
Material textual en liña que se insire dentro da Estratexia Galega contra o Cancro, pola que se están a publicar os procesos e os itinerarios asistenciais para os cancros máis frecuentes en Galicia, entre eles o cancro de próstata. Nos itinerarios asistenciais defínense as alternativas diagnósticas terapéuticas máis axeitadas para os pacientes.