Catálogo

Amosando 1141 - 1152 de 2067
Autor/a
Bouzas Caamaño
Mª Encarnación [et.al.].
Lingua/s
Galego

Memoria da Oficina de Coordinación de Transplantes correspondente ao ano 2015. Recolle a actividade da oficina e dos hospitais galegos referida á doazón e ao transplante tanto de órganos como de tecidos.
Tamén recolle os datos do programa de garantía de calidade na doazón e transplante e detállanse os centros autorizados para extracción e o implante de órganos e tecidos, así como os establecementos de tecidos.
En canto á oficina, descríbense as actividades desenvolvidas por ela, así como os obxectivos para o vindeiro ano.

Autor/a
Varela Mallou
Jesús
Lingua/s
Galego

Estudo co que se pretende optimizar o actual Banco de Produtos de Apoio de Galicia. A elaboración desta enquisa responde á necesidade de dispor dunha base de coñecemento que permita desenvolver accións específicas coas que acadar o obxectivo marcado: determinar a percepción e a valoración dos produtos de apoio máis coñecidos e demandados polas federacións e asociacións que serven de apoio ás persoas con discapacidade e ás súas familias.

14,00 €
Autor/a
Castro Carballal
Víctor
Lingua/s
Galego

Segunda entrega dunha serie de catálogos do Museo Etnolóxico destinados á catalogación e difusicón de pezas, aparellos e elementos culturalmente significativos das coleccións vitivinícolas. Publicado no núm. 1 desta serie un catálogo de elementos misceláneos da colección do Museo Etnolóxico, procede agora a edición do primeiro número monográfico relativo aos fondos representativos do obradoriro dun toneleiro. Estes catálogos aproveitan para a súa elaboracón o sistema documental DOMUS. Os catálogos van convenientemente ilustrados con imaxes relativas aos obxectos catalogados e, neste caso, ás cadeas operatorias que caracterizan o traballo do toneleiro. Fotos pertencentes tamén á coleccón fotográfica do Museo Etnolóxico.

Boletín que presenta o novo medicamento Insulina Glargina Biosimilar, nova insulina para o tratamento da diabetes mellitus en adolescentes e nenos, a partir dos dous anos de idade. Tamén se identifica o lugar que ocupa no tratamento da enfermidade e informa de que a chegada dos biosimilares xera unha competencia no mercado de medicamentos biolóxicos que conduce a unha redución nos custos de adquisición, o cal libera recursos do sistema sanitario.

Autor/a
Gómez Amorín
Ángel
Autor/a
Álvarez Cortiñas
Manuel
Autor/a
Suárez Luque
Silvia
Lingua/s
Galego

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Trátase dun programa que realizan todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, desde o ano 1988.
Na nosa comunidade autónoma, a tempada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, aínda que a primeira recollida de mostras se realiza na segunda quincena de maio.
As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da tempada se teñen, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.
Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real decreto 134112007, do 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño).
Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o Informe Técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia.

Documento editado en 2012. No ano 2016 realízase esta nova edición, na que se elimina o parágrafo: "Para consultar sobre cuestión relativas a causas, riscos e prevención de defectos conxénitos, pode chamar gratuitamente ao Servizo de Información telefónica da embarazada (SITE): 913942589 de Madrid", das páxinas 21 e 29, porque este servizo xa non se presta.
Esta edición faise en papel, porque este documento recolle os datos das consultas prenatais: información que é necesario que posúa a xestante nos seus desprazamentos, por se precisa asistencia médica.

15,03 €
Editor/a literario/a
López-Calo
José
Autor/a
Montes
Juan
Lingua/s
Galego

Segunda entrega do cobizoso proxecto que lle ofrece ao público a obra completa de Juan Montes, un dos representantes de maior poder creativo da música culta galega. A empresa desenvólvese coa garantía dun musicólogo de tan gran compromiso co noso patrimonio como é o padre Calo, quen, á parte de preparar a edición, achega un magnífico estudo introdutorio, no que refire con todo detalle os avatares que conduciron á creación das partituras que este volume fornece.

Temáticas