No marco do programa "Xuntos nos coidados" póñense á disposición das persoas coidadoras estas 25 fichas, visuais e prácticas que orientan sobre as pautas que deberán seguir nas tarefas básicas do coidado de persoas dependentes: aseo, mobilizacións, alimentación… Distribúense igualmente en formato dixital para facilitar o seu uso.