Catálogo

Amosando 13 - 24 de 48
Autor/a
Varios
Lingua/s
Galego

Trátase dunha publicación que pasou do formato clásico en papel a páxina web. Esta revista continúa tendo como destinataria a comunidade escolar galega, docentes, alumnos/as e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de divulgación, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, experiencias de aula e recensións de obras editadas recentemente. Incorpora, ademais, unhas seccións destinadas a traballos relacionados coas bibliotecas escolares, a innovación educativa e a formación do profesorado.

Autor/a
Varios
Lingua/s
Galego

Trátase dunha publicación que pasou do formato clásico en papel a páxina web. Esta revista continúa tendo como destinataria a comunidade escolar galega, docentes, alumnos/as e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de divulgación, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, experiencias de aula (experiencias pedagóxicas) e recensións de obras recentemente editadas. Incorpora, ademais, unhas seccións destinadas a traballos relacionados coas bibliotecas escolares, a innovación educativa e a formación do profesorado.

Autor/a
Viñas
José
Autor/a
De Toro
Xacobo
Autor/a
Eiroa
David
Lingua/s
Galego

Esta unidade didáctica ten como obxectivo achegar ao alumnado de 3º e 4º de ESO a importancia da vacinación, ao tempo que pon de manifesto a relevancia histórica da Real Expedición que partiu a comezos do século XIX desde A Coruña para levar a vacina da varíola ao continente americano.

Así mesmo, destácase o papel fundamental que tivo na expedición a galega Isabel Zendal, enfermeira e reitora do orfanato da Coruña, considerada pola Organización Mundial da Saúde a primeira enfermeira da historia en misión internacional. Deste xeito, a guía facilita aos docentes recursos innovadores aplicables ás materias de Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia ou Cultura Científica.

Protocolo que é o resultado dun traballo multidisciplinar co cal se pretende a detección temperá das dificultades educativas do alumnado con discapacidade auditiva e ofrecerlle unha axeitada intervención educativa que facilite o seu éxito educativo.

0,00 €
Autor/a
Secretaría Xeral da Igualdade
Lingua/s
Galego

Esta obra é unha guía de literatura infantil e xuvenil de libros publicados entre os anos 2014 e 2016 dirixidos á infancia e mocidade. Pretende destacar aqueles libros que superan a discriminación de xénero, salvando estereotipos, prexuízos e roles tradicionais. Recolle 51 títulos de libros coa súa temática e xénero, e cun resumo de cada un deles, así como un fragmento significativo, actividades para o profesorado, pais e nais, e as ligazóns que nos remiten a cada libro, ao autor/a e ao ilustrador/a.

Protocolo que recolle a rutina educativo-sanitaria que hai que contemplar no caso do alumnado que padece diabetes, contribuíndo a facilitar a plena integración das nenas e nenos diabéticos na comunidade educativa mediante a colaboración voluntaria do profesorado.

Este protocolo enmárcase dentro do Plan de prevención do suicidio en Galicia, en cuxa elaboración participou activamente a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, desde unha visión global, multidisciplinar e interinstitucional desta problemática.
Este modelo de actuación pretende ser un marco global orientativo que cada centro educativo poderá adaptar e contextualizar á súa realidade e características concretas para elaborar o seu plan de prevención, detección e intervención do risco suicida, que formará parte do Plan de convivencia.

Documento que recolle a resposta educativa que require o alumnado con enfermidade crónica ou que sofre lesións como resultado dun accidente, durante un período do tempo máis ou menos prolongado no cal, de ser o caso, non pode asistir ao centro educativo, de maneira que se garanta o retorno ao centro en condicións de normalidade cando as condicións de saúde o permitan. Así mesmo, inclúe as actuacións básicas en urxencias de saúde e primeiros auxilios.

Documento que establece unhas pautas que guían o proceso de atención educativa ao alumnado que, por diversas circunstancias de saúde, non pode asistir con regularidade ao centro docente en que está escolarizado por un período prolongado de tempo.

Entidade
Secretaría Xeral Técnica
Lingua/s
Galego

Publicación dixital procedente do formato clásico en papel. Ten como destinataria a comunidade escolar galega: docentes, alumnos/as e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de opinión, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, unha biografía, experiencias pedagóxicas de aula, recensións de obras recentemente editadas, así como información sobre lexislación e actividades culturais diversas relacionadas co mundo educativo en Galicia, España e Europa, nos distintos niveis. Enderezo: http://www.edu.xunta.es/eduga

Publicación dixital procedente do formato clásico en papel. Ten como destinataria a comunidade escolar galega, docentes, alumnos/as e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de divulgación, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, experiencias de aula (experiencias pedagóxicas) e recensións de obras recentemente editadas. Incorpora, ademais, unhas seccións destinadas a traballos relacionados coas bibliotecas escolares, a innovación educativa e a formación do profesorado. Enderezo: www.edu.xunta.es/eduga

Autor/a
Varios
Lingua/s
Galego

Publicación dixital procedente do formato clásico en papel. Ten como destinataria a comunidade escolar galega, docentes, alumnos/as e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de divulgación, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, experiencias de aula (experiencias pedagóxicas) e recensións de obras recentemente editadas. Incorpora, ademais, unhas seccións destinadas a traballos relacionados coas bibliotecas escolares, a innovación educativa e a formacbreveión do profesorado.