Catálogo

Amosando 1033 - 1044 de 1444
0,00 €

Unidade didáctica destinada a alumnado da ESO e Bacharelato e realizada dende a perspectiva dunha pedagoxía da igualdade de xénero. A proposta baséase no telefilme Concepción Arenal a visitadora de cárceres, unha aproximación á personaxe histórica de Concepción Arenal. O exemplar impreso acompáñase dun DVD onde consta o filme, un documental sobre a figura de Arenal, a propia unidade didáctica en versión para o alumnado e para o profesorado e as secuencias da película sobre as que se desenvolve o traballo.

Documento elaborado por profesionais do ámbito da educación e a sanidade sobre o TDAH, a súa detección e tratamento, que inclúe as principais aportacións científicas na materia e que pretende contribuir á mellora da atención e á reducción das problemáticas que este trastorno ocasiona a diario na vida de moitas nenas, nenos e adolescentes galegos.

0,00 €

Nesta publicación preséntase e analízanse os resultados da execución do programa de redución denominado "Mapa de risco químico de Galicia" desenvolvido polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral durante tres anos. Infórmase acerca do emprego dos produtos químicos perigosos presentes en empresas do sector industrial en Galicia.

0,00 €

A través de fichas, este folleto infórmanos sobre as medidas que deben adoptar as mulleres na etapa de embarazo e lactación natural en relación coa prevención de riscos laborais en traballos no agro: os produtos químicos e a maternidade, a exposición a axentes químicos perigosos, o traballo con produtos químicos perigosos, os axentes biolóxicos e materiais, sobreesforzos, riscos posturais, etc.

0,00 €

Unidade didáctica destinada a alumnado da ESO e Bacharelato e realizada dende a perspectiva dunha pedagoxía da igualdade de xénero. A proposta baséase no telefilme A Condesa rebelde, unha aproximación á perxonaxe histórica de Emilia Pardo Bazán. O exemplar impreso acompáñase dun DVD onde consta o filme, un documental sobre Emilia Pardo Bazán, apropia unidade didáctica en versión para o alumnado e para o profesorado e as secuencias da película sobre as que se desenvolve o traballo.

Guía coa información necesaria sobre que facer en caso de ser vítima ou de coñecer un caso de violencia de xénero así como sobre os recursos e axudas existentes na nosa Comunidade Autónoma. Trátase por tanto dunha ferramenta informativa práctica en relación ás distintas posibilidades que a normativa vixente pon ao teu alcance para poder exercer os teus dereitos, tanto a nivel persoal como cara ao maltratador.

Documento que describe o proceso de atención dos pacientes afectos por un trastorno aditivo, centrándose en asegurar unha atención sanitaria de calidade con garantía de atención semellante a calquera outra patoloxía, regulando a forma de acceso dos pacientes a esta prestación sanitaria e asegurando o seu seguimento con criterios de calidade.

0,00 €

Libro de preguntas e respostas arredor da doazón e os transplantes para informar a poboación e resolver as dúbidas máis frecuentes que se poden plantexar sobre a doazón de órganos e tecidos. Envíase un exemplar a cada persoa que solicita o carné de doador de órganos e tamén se distribúe nas mesas informativas e nas charlas que se imparten nos institutos aos alumnos de secundaria e ciclos formativos. Edición bilingüe.

A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, procura a modificación dos patróns alimentarios e de actividade física da poboación xeral e de grupos específicos en particular. Parece existir consenso ao afirmar que as poboacións con dieta rica en vexetais e froitas e dieta baixa en graxas animais, carnes roxas e/ou calorías, presentan menos risco de padecer algúns dos máis frecuentes tipos de cancro. A fibra é un compoñente esencial dentro dunha dieta saudable, a inxestión diaria de fibra proporciona moitos efectos beneficiosos no organismo, contribúe ao mantemento da saúde e prevén a aparición de distintas enfermidades. Nesta publicación proponse 20 menús, que inclúen pratos ricos en fibra que poden axudar a cubrir a recomendación diaria.

Neste informe preséntanse os resultados e principais conclusións dunha enquisa realizada a mulleres que participaron no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama. A enquisa foi realizada nos meses de maio e xuño de 2008. Ademais destes resultados preséntase información adicional da evolución experimentada desde 1998.