Catálogo

Amosando 601 - 612 de 1444
Entidade
Galicia. Xunta. Consellería de Política Social
Lingua/s
Galego

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Política Social, coas actuacións máis salientables no ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abrangue, agás o primeiro capítulo, no que se analizan temas de carácter máis transversal, como a estrutura orgánica, información demográfica, recursos, publicacións e estatísticas etc.

Autor/a
Gómez Suárez
Ana Fátima... [et al.]
Ilustrador/a
Díaz Martínez
Encarnación
Lingua/s
Galego

A Fundación Ingada e a Consellería de Política Social presentan esta guía de asesoramento técnico e xurídico para aquelas familias nas cales algún dos seus membros están afectados polo TDAH. Nela atópanse explicacións que axudan a aliviar, entender, previr e soportar a vida cotiá destas familias de forma plena e feliz.

A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2017 e preséntase dividida en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.

0,00 €
Autor/a
Moreno
Mª Victoria
Lingua/s
Galego

Obra en que se recollen e describen as características do verso e da prosa establecendo as súas diferenzas, definindo, no caso do verso, os seus elementos máis esenciais como son a rima, a medida, a estrofa... e analizando a prosa desde os seus xéneros literarios: historia, a oratoria e a narrativa. Como colofón analiza a importancia da linguaxe literaria na confección de calquera obra.

0,00 €
Autor/a
Moreno
Mª Victoria
Lingua/s
Galego

Ensaio que nos presenta os idiomas oficiais de España, a súa xénese e a súa historia, tendo en conta as diferentes invasións e pobos que nos habitaron, e como a construción, evolución e convivencia dos diferentes idiomas foron configurando as linguas que hoxe falamos e escribimos.