Catálogo

Amosando 1237 - 1248 de 1444

Entre os obxectivos do Plan estratéxico de prevención de riscos laborais 2011-2014 está o de analizar os accidentes laborais e e difundir os seus resultados. A modo de fichas coleccionables, edítase esta ferramenta divulgativa na que se seleccionan aqueles accidentes laborais máis representativos no sector agrario. A información sintetízase en catro epígrafes: unha descrición da actividade, o accidente de traballo, as súas causas e as medidas de prevención que se deberon adoptar. O obxectivo é sensibilizar os traballadores e empresarios sobre situacións reais e divulgar as medidas preventivas que evitarían estes accidentes.

Nesta publicación defínense os praguicidas e a súa composición e clasificación. Estes analízanse desde o punto de vista da prevención de riscos laborais: avaliación de riscos, medidas preventivas, formación e información e vixilancia da saúde.

Anuario no que se reúnen as distintas actividades e operacións estatísticas relacionadas co ámbito sociolaboral galego referido ás seguintes áreas temáticas: conciliacións individuais e colectivas, eleccións sindicais, folgas e peches patronais, infraccións na orde social, regulación de emprego, apertura de centros de traballo e empresas de traballo temporal.
O obxectivo final da publicación reside en dar unha visión global do panorama sociolaboral galego

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Defínense os axentes biolóxicos, indícase a súa clasificación, describe como realizar unha avaliación simplificada cando existe risco biolóxico e por último, como actuar no caso dunha traballadora embarazada que poida estar exposta a riscos de exposición aos axentes biolóxicos.

Publicación encadrada no proxecto europeo de Envellecemento activo, cofinanciado con fondos FEDER, no marco da segunda convocatoria do POCTEP 2007 - 2013 na que se analizan as necesidades, no ámbito cognitivo e físico, das persoas maiores de 65 anos que viven soas tanto no fogar como fóra del, con especial incidencia en Galicia pero tamén en Portugal.

Guía encadrada no proxecto europeo de Envellecemento activo, cofinanciado con fondos FEDER, no marco da segunda convocatoria do POCTEP 2007 - 2013 na que se identifican avances de tipo científico e tecnolóxico no campo da atención sociosanitaria. A información que recolle esta guía ten a súa base no traballo desenvolvido polo Comité transfronteirizo de expertos en prevención e detección precoz da dependencia.
Resulta, xa que logo, un documento de consulta que facilita a comprensión e o manexo dos novos avances científico-tecnolóxicos, tanto por parte dos/das profesionais do ámbito sociosanitario como por parte das persoas coidadoras e das persoas usuarias destas novas tecnoloxías (de 65 e máis anos)

Publicación coas actuacións máis salientables da consellería ao longo do ano 2012. Estrutúrase en 6 capítulos no que se desenvolven as distintas competencias que afectan a consellería no eido laboral e do benestar: familia e menores, dependencia, traballo e economía social, emprego e formación, xuventude e voluntariado, etc.

Publicación anual con información estatística sobre os menores en situación de desprotección e sobre adopcións.
Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, ben sexa familiar ou residencial.
Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa doble vertiente, nacional e internacional.
Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

A RSE caracterízase pola súa transversabilidade e ten aplicación en múltiples sectores e áreas de actividade como é o caso do turismo, unha das principais industrias do país. Un magnífico exemplo de turismo sostible e respectuoso co medio é o Camiño de Santiago, que serve de inspiración nesta guía como “camiño á competitividade”. As múltiples rutas a Compostela percorren os aspectos a ter en conta na estratexia de RSE dunha peme e nas relacións co seu contorno.
A través da valorización e difusión turística do Camiño de Santiago, contribúese ao fortalecemento do tecido económico, á creación de emprego e ao estímulo dos factores de competitividade.

Este manual pretende dar resposta á necesidade de ter unha ferramenta escrita que apoie a formación na prevención de danos músculoesqueléticos para as traballadoras do mar.
Está dividido en 9 grandes bloques:
Os dous primeiros explican dunha forma moi breve o que significa a prevención de riscos e como a ciencia da ergonomía pode aplicarse ao traballo diario.
Nos seguintes sete bloques explícanse unha serie de exercicios que se asocian ao grupo muscular que pode estar danado.