Catálogo

Amosando 1225 - 1236 de 1444

Colección de 18 fichas que describen os principais riscos e medidas preventivas que se deben adoptar no traballo nas adegas. Inclúe riscos dos equipos de traballo, dos equipos que se desprazan, risco eléctrico, primeiros auxilios e a lexislación básica, entre outros.

Con esta guía, a Dirección Xeral de Familia e Inclusión pretende axudar as persoas que se dirixen á adopción internacional a coñecer e comprender cal é o papel destas entidades no proceso de intermediación: que condicións deben cumprir e cales son as súas funcións, obrigas e dereitos co fin de ofrecer información a todas as persoas interesadas en emprender un proceso de adopción.

Neste informe preséntanse os resultados obtidos da análise dos datos das accións formativas reconfiguradas polos solicitantes de plans de formación sectoriais que obtiveron subvencións para o financiamento deste tipo de plans dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas.

Informe de seguimiento 2012 no que se dá conta das actuacións implantadas polo Goberno galego en resposta á programación establecida no Plan galego das persoas maiores 2010-2013, horizonte 2015. Estrutúrase en catro capítulos aos que acompaña información complementaria que completa a información analizada.

15 fichas para a prevención de riscos laborais en traballos de limpeza e desinfección no sector agroalimentario: definición de produtos, etiquetas, ficha de datos de seguridade, locais de traballo, axentes químicos e biolóxicos, prácticas de traballo seguras, escadas, manipulación manual de cargas, sobreesforzos, equipos de protección individual e lexislación.

17 fichas para a prevención de riscos laborais en traballo con pedra (canteiras): uso de explosivos, caída de obxectos, riscos nos lugares de traballo, risco eléctrico, exposición a ruído de a pó, primeiros auxilios, sinalización, etc.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.

Neste documento recóllense os datos relativos ás actuacións executadas durante o exercicio 2012 no marco do Plan de acción integral para as persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013, a partir dos indicadores de seguimento definidos para cada actuación deste plan. Respéctase a estrutura dos anos anteriores en canto a descrición de traballos realizados, resumo estatístico das actuacións por áreas, alcance da actividade do plan e resultados acadados e grao de actividade/execución por área de intervención. Por último acompañan a publicación anexos que complementan o contido con datos de gran interese.

16 fichas par a prevención de riscos laborais no uso de fertilizantes: definición, etiqueta, fichas de datos de seguridade, o traballo con fertilizante, almacenamento, epi e lexislación.