Proposta de actividades para a prevención da violencia de xénero a través das obras da exposición "Cartas de amor".
Proposta de actividades para a prevención da violencia de xénero a través das obras da exposición "Cartas de amor".
Catálogo que recolle as obras presentes na exposición "As que comen silencios, as que toman a palabra", que versa sobre a arte e violencia de xénero. Selección de 14 artistas e textos explicativos que acompañan as ilustracións das obras.
Trátase do anuario dos premios Xuventude Crea convocados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, nas modalidades de Relato breve, poesía, graffiti, música, artes plásticas, banda deseñada, carteis, teatro, videocreación e deseño de xoias.
Esta obra busca ofrecer materiais de traballo adecuados para a estimulación cognitiva e a motricidade nos centros de atención a persoas maiores integrados no Consorcio.
Memoria do ano xacobeo 2004, que recolle todos os eventos realizados dentro e fóra de Galicia con motivo do primeiro ano santo compostelán deste milenio: congresos, seminarios, exposicións, publicacións, concertos, etc.
CD-ROM editado co gallo da celebración do MC aniversario do nacemento de san Rosendo. Nel trátanse diversos aspectos da súa vida e mais da súa época, o século X. A historia do santo e da súa familia, Galicia no reino ástur-leonés, a arte do momento e a fortuna de san Rosendo forman parte do estudo pormenorizado que se fai da súa figura e do seu tempo.
Conto infantil escrito por Xosé A. Neira Cruzcon motivo da exposición A viaxe a Compostela de Cosme III de Médicis. Renato Ratoni acompaña o Príncipe na súa viaxe por España e Portugal, e iso serve de escusa para amosarlle ao público infantil as principais obras da exposición neste conto, con ilustracións de Noemí López.