Catálogo coa totalidade das imaxes do fondo de negativos realizados por García Garrabella nas súas viaxes pola provincia da Coruña [A Coruña, Oleiros, Santiago de Compostela e Ferrol] e a provincia de Lugo [Lugo, Barreiros, Foz...]
Catálogo coa totalidade das imaxes do fondo de negativos realizados por García Garrabella nas súas viaxes pola provincia da Coruña [A Coruña, Oleiros, Santiago de Compostela e Ferrol] e a provincia de Lugo [Lugo, Barreiros, Foz...]
Libro que recupera un texto teatral inédito da Preguerra asinado polo escritor Leopoldo Rojo. Incorpora un estudo biográfico, literario e lingüístico realizado por Pilar Díaz Díaz e Laura Piñeiro Pais, editoras da obra.
Este volume recolle un conxunto de cartas destinadas a Ricardo Carvalho Calero pertencentes a Santiago Montero Díaz e Manuel Rodrigues Lapa. Estes dous grupos de epístolas están formados por corenta e oito e trinta e cinco cartas, respectivamente. O volume péchase cunha parte de apéndices en que se reúne un conxunto de nove cartas entre José Luís Fontenla Rodrigues e Ricardo Carvalho Calero e cinco cartas de Ricardo Carvalho Calero dirixidas a Manuel Rodrigues Lapa.
Edición facsímile dun poemario inédito da escritora Luísa Villalta que agora se exhuma, acompañado dun estudo introdutorio que contextualiza a obra no conxunto da produción da autora e dá razón das principais claves literarias que a sosteñen. O texto recuperado forma parte do Legado Luísa Villalta que se custodia no Centro Ramón Piñeiro e constitúe a primeira entrega da Biblioteca Luísa Villalta.
Escolma de entrevistas a Isaac Díaz Pardo publicadas en prensa dende 1946 a 2011.
O Dicionario de termos literarios está elaborado polo Equipo Glifo (Grupo Compostelán de Investigacións Semióticas e Literarias) e forma parte do proxecto “Dicionarios de Literatura” do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Do mesmo xeito que nos dous volumes anteriores, recóllense definicións de termos do ámbito da retórica, da historia, da crítica, da narratoloxía, da semiótica, da hermeneútica, etc. acompañadas de exemplos pertencentes ao corpus literario galego desde a Idade Media ata a actualidade.
O catálogo da exposición producida polo Museo de Belas Artes da Coruña "Vestir Épocas: 1860-1960. A colección Ana González-Moro" presenta dous espléndidos artigos dos comisarios en que explican o contido da exposición. A seguir engádense as seccións que compoñen a mostra coas fotografías realizadas por Jesús Madriñán e a relación catalográfica das pezas.
Catálogo de exposición bibliográfica que se mostrou na Casa da Parra e que comprende toda a produción ilustrativa, gráfica e editorial de Luis Seoane.
Guía ilustrada da exposición temporal con texto explitativo e fotografías dos fondos museográficos, bibliográficos e documentais expostos.
Nº 6 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.
O charco de Ulises dá corpo a unha nova produción do CDG, unha versión libre da Odisea traspasada a un contexto trasatlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Bos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.
A trama discorre en paralelo ao clásico de Homero, xerando un diálogo co mito orixinal, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético.
Ulises permanece errante durante dez anos viaxando de illa en illa, vivindo aventuras inesquecibles, entre suculentos banquetes e fermosas mulleres. A idea do regreso á patria non o abandona nunca, pero a súa vida non había transcender se non saíse dela.
Edición do número 29 (ano 2019) da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve, ademais, para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.
Edición do número 28 (ano 2018) da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou apartados de tema patrimonial (arqueolóxico, histórico e etnográfico). Este boletín serve, ademais, para establecer intercambios bibliográficos con outras institucións e asociacións similares, o que supón un notable incremento da biblioteca auxiliar especializada do Museo.