Catálogo

Amosando 925 - 936 de 1424

Guía para fomentar as boas prácticas agrícolas, na que se propoñen un conxunto de técnicas e metodoloxías de traballo, como referencia para os profesionais do sector agrícola no desenvolvemento da súa actividade, para alcanzar unha produción máis sostible e respectuosa co medio natural.

Volume que reúne información útil para os produtores de castaña e viveiristas galegos na elección das variedades e portaenxertos, nas súas técnicas de multiplicación, na instalación e coidado dos soutos e, finalmente, na identificación das pragas e enfermidades do castiñeiro e nas medidas que cómpre tomar para as combater.

O Plan estratéxico 2017 da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é o documento que recolle o que a organización quere ser dentro de catro anos e como conseguilo. No plan establécese en que grandes áreas de interese hai que traballar e mediante que plans de acción concretos pode achegarse ao que a fundación quere ser.

Coordinador/a
Álvarez Rodríguez
Miguel Ángel
Lingua/s
Galego

Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, empresa pública de servizos sanitarios durante o ano 2013, que inclúe actividade asistencial, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, participación en actividades de eficiencia enerxética e xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en liña", así como os datos de recursos humanos, actividade científica, estrutura organizativa e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.

Coordinador/a
Daporta Padín
Patricia
Coordinador/a
Fernández Nogueira
Enma
Coordinador/a
Fernández Dasilva
Josefa
Lingua/s
Galego

Esta memoria recolle as accións e indicadores da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública para o ano 2013. Recompilouse a información relevante para cada un dos catorce servizos cos que conta esta dirección xeral. Ademais faise unha síntese dos sistemas de información xestionados e das publicacións realizadas na web e na intranet.

Coordinador/a
Daporta Padín
Patricia
Coordinador/a
Fernández Nogueira
Enma
Coordinador/a
Fernández da Silva
Josefa
Lingua/s
Galego

Esta memoria recolle as accións e indicadores máis destacables da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública para o ano 2013. Recompilouse a información relevante para cada un dos catorce servizos cos que conta esta dirección xeral. Ademais faise una síntese dos sistemas de información xestionados e das publicacións realizadas na web e na intranet.

A OMS define a avaliación de impacto en saúde (AIS) como unha combinación de procedementos, métodos e ferramentas polas cales unha política, un programa ou un proxecto pode ser avaliado en función dos seus potenciais efectos sobre a saúde da poboación e da distribución destes na dita poboación. O obxectivo xeral da AIS é ofrecerlles información a quen toman as decisións sobre as implicacións na saúde que teñen as políticas que se van establecer, tendo en conta valores como a democracia, a equidade, o desenvolvemento sostible e o uso ético da evidencia. En outubro de 2012 impartiuse en Santiago de Compostela o curso Introdución á Avaliación do Impacto en Saúde, cunha parte non presencial, que se desenvolveu en liña e cuxos resultados se presentan neste informe.

Publicación na que se trata de establecer a coordinación e a integración das distintas accións específicas da atención temperá nos diferentes centros sanitarios implicados; defínense circuítos asistenciais que teñen como obxectivo final mellorar e impulsar ao máximo o desenvolvemento das capacidades físicas, psíquicas, sensoriais e sociais dos nenos e das nenas dende os primeiros momentos da súa vida.

0,00 €
Lingua/s
Galego

Tríptico de carácter divulgativo que dá a coñecer o novo marco normativo e o novo escenario de colaboración e coordinación entre as consellerías de Sanidade, Educación e Servizos Sociais, en materia de atención temperá. A súa finalidade é achegar a información en atención temperá ao maior número de profesionais e persoas vencelladas coa poboación infantil de 0 a 6 anos, e asemade converterse nunha ferramenta de sensibilización en materia de desenvolvemento infantil.

0,00 €

Información en liña verbo das principais medidas preventivas nos traballos con fitosanitarios: o seu rexistro, a etiqueta, a ficha de datos de seguridade, o traballo con fitosanitarios, a capacitación de profesionais, os equipos de protección individual, a inspección de equipos de aplicación e lexislación aplicable.

0,00 €

A obesidade está considerada como a epidemia do século XXI; trátase dunha das enfermidades crónicas non transmisibles ás que cómpre prestarlles especial atención, por ser causa de mortaldade precoz.
A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, a través do Programa Galego de Actividades Saudables, Exercicio e Alimentación, na súa procura de modificar os patróns alimentarios e de actividade física na poboación infantil, redactou o documento técnico do Plan para a Prevención da Obesidade Infantil en Galicia, "Plan Xermola".
Entre as actividades divulgativas do Plan contemplouse o deseño de carteis, co obxectivo de promocionar estilos de vida saudables nas consultas de medicina xeral dos centros de saúde.