Catálogo

Amosando 877 - 888 de 1424

Manual que xurdiu da necesidade de recoller as demandas, valoración e recursos propios dos servizos sociais comunitarios existentes na nosa comunidade autónoma. O cambio de contexto no que se desenvolven estes servizos na actualidade levou a preparar a nova versión que aparece agora, que recolle unha panorámica revisada e actualizada dos recursos e demandas dos profesionais dos servizos sociais comunitarios.

0,00 €
Autor/a
Rodríguez Arribe
José Antonio
Coautor/a
Castro Balboa
Diego
Coautor/a
García Fernández
Pablo
Lingua/s
Galego

Folleto que informa verbo da prevención de riscos laborais e as boas prácticas que se deben observar na estracción de recursos específicos da pesca, entendidos estes como aquelas especies marisqueiras que requiren dun sistema de xestión específico no referente ás súas características biolóxicas, extracción e comercialización.

Boletín de periodicidade trimestral que nace cun dobre obxectivo: ser punto de referencia na responsabilidade social empresarial para as organizacións galegas do territorio e dar visibilidade a todas aquelas accións que supoñan un impulso para facer real a RSE en Galicia.

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Traballo e Benestar coas actuacións máis salientables da consellería no ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abrangue, agás o primeiro capítulo, no que se analizan temas de carácter máis transversal, como estrutura orgánica, competencias, publicacións e estatísticas etc.

Boletín de periodicidade trimestral que nace cun dobre obxectivo: ser punto de referencia na responsabilidade social empresarial para as organizacións galegas do territorio e dar visibilidade a todas aquelas accións que supoñan un impulso para facer realidade a RSE en Galicia.

Datos estatísticos da execución das medidas impostas polos xulgados de menores, relativos a 2014. A información estrutúrase en 5 bloques: medidas notificadas polos xulgados de menores, das medidas en execución, das medidas pendentes de execución, datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas (idade, procedencia e lugar de residencia) e un anexo.

Publicación que presenta a actividade global desenvolvida pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no ano 2013, xunto cos datos de actividade das áreas de Xestión Asistencial, Coordinación, Centro de Formación en Medicina de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes de Galicia, Gabinete de prensa, Calidade, Servizo de Sistemas e Tecnoloxías da Información e Servizo de Atención ao Usuario.

Esta guía describe o Programa galego de detección precoz do cancro de mama: obxectivo xeral, obxectivos específicos, poboación, proba de cribo, sistema de información, estrutura asistencial, programa de garantía de calidade e os principais resultados e indicadores do período 1992-2012.