Catálogo

Amosando 805 - 816 de 1424

Publicación periódica mensual en liña na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña a publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOU).

Novo boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas bibliográficas e Normativa e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación dos seus usuarios.

Folleto que recolle información relativa aos accidentes de traballo rexistrados en Galicia no ano 2015. Trátase dun avance no que se amosan datos de especial interese e que teñen carácter previo á publicación do anuario de sinistralidade laboral, no que se amosan datos referidos aos partes de accidentes laborais e das enfermidades profesionais, notificados á autoridade laboral de Galicia.

Informe xeral de actividade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no ano 2015, na que, tras unha breve reseña da natureza e función desta axencia pública autonómica, exponse a actividade desenvolvida durante o exercicio 2015, así como os principais logros acadados.

Catálogo en galego/castelán/inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en color das cubertas e a información editorial necesaria para identificar cada obra.