Publicación dixital procedente do formato clásico en papel. Ten como destinataria a comunidade escolar galega: docentes, alumnos/as e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de opinión, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, unha biografía, experiencias pedagóxicas de aula, recensións de obras recentemente editadas, así como información sobre lexislación e actividades culturais diversas relacionadas co mundo educativo en Galicia, España e Europa, nos distintos niveis. Enderezo: http://www.edu.xunta.es/eduga