Catálogo da exposición gastronómica sobre a tradición culinaria galega e, nalgúns casos, compartida e de interés do Norte de Portugal realizada no marco do programa europeo NORTEAR.
Catálogo da exposición gastronómica sobre a tradición culinaria galega e, nalgúns casos, compartida e de interés do Norte de Portugal realizada no marco do programa europeo NORTEAR.
Este libro dá continuidade ao proxecto iniciado anos atrás de describir a fauna de Galicia tratando de maneira independente cada un dos filos animais presentes nas augas de Galicia. Neste caso, o libro está dedicado aos anélidos, un grupo extenso, ubicuo e de gran relevancia ecolóxica nas nosas augas. O libro trata de ofrecer unha ferramenta visual para a identificación destes animais sumamente interesantes pero que, en xeral, son moi descoñecidos. Mediante fotografías realizadas no seu hábitat natural, as especies coñecidas en Galicia son caracterizadas e descritas de maneira detallada, o que permite que o libro poida ser de utilidade para toda a persoa interesada, tanto profesional como afeccionada, desde biólogos, educadores científicos, mergulladores curiosos, pescadores e ata calquera a quen, de maneira ocasional, lle guste achegarse a observar as zonas intermareais.
Informe no que se presenta o estado actual do desenvolvemento da responsabilidade social empresarial (RSE) nas empresas galegas, que permite coñecer a relación entre o compromiso das empresas coa RSE e o desempeño económico que pode derivarse das prácticas responsables ou outros efectos na vida das empresas; e coñecer cal é o estado actual do compromiso das empresas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).
Cartel coas medidas preventivas que hai que ter en conta ante as picaduras de carrachas.
Cadernos de Fraseoloxía Galega rende homenaxe a fraseóloga cubana María Luisa Ortiz Alvarez no seu número 26 con seis artigos interdisciplinares sobre a fraseodidáctica, a fraseoloxía bíblica, a linguoculturoloxía comparada, as expresións gastronómicas e a fraseotradución asistida por IA xenerativa, en diferentes linguas (portugués, francés, español, italiano...). Na sección “Varia” recóllense dous artigos dedicados á fraseoculturoloxía contrastiva chinesa-francesa e ás expresións figuradas nun contexto hospitalario. No apartado “Recadádivas” preséntase un dicionario galego de linguaxe figurada animal e unha compilación de unidades fraseolóxicas das Cantigas de Santa María. Pechan o número nove apuntas de obras recentes do ámbito fraseolóxgico e unha selección das novidades bibliográficas publicadas en 2024 (Novas).
Boletín divulgativo en formato PDF aloxado na web Xanela aberta https://vida-saudable.sergas.gal/
Neste boletín inclúese información sobre temas de actualidade relacionados coa promoción da saúde, unha receita de tempada e a axenda de actividades realizadas nas áreas sanitarias.
O Observatorio de Prospectiva do Mercado de Traballo analiza neste informe a situación da muller no mercado laboral galego, pola vez que o pon en consonancia co mercado laboral nacional nos aspectos máis relevantes. O propósito é ofrecer un panorama recente da situación e do comportamento das mulleres neste ámbito, centrándonos no ano 2025, a través da súa participación nos principais indicadores de emprego.
O solucionario do manual do Curso de introdución á lingua e á cultura galegas está pensado para axudarche no teu proceso de aprendizaxe dun xeito gradual, práctico e conectado coa realidade galega. Cada unidade integra contidos de fonética, de gramática, léxico útil e cultura. Nel atoparás as respostas aos exercicios e actividades propostos no manual para aprender e practicar a lingua dun xeito ameno e activo.
Este curso está dirixido a aquelas persoas que teñan interese pola lingua galega e a súa cultura, tanto se teñen coñecementos previos como se comezan desde cero.
O presente documento ten como finalidade definir un modelo organizativo de atención colaborativa en saúde mental no ámbito da Atención Primaria, incorporando de maneira efectiva a psicoloxía clínica no primeiro nivel asistencial. Este modelo oriéntase a mellorar a detección, a abordaxe e o seguimento dos trastornos mentais comúns, reforzando a coordinación entre niveis asistenciais e optimizando o uso dos recursos dispoñibles. Así mesmo, pretende garantir á cidadanía unha atención á saúde mental máis accesible, homoxénea e equitativa en todo o territorio.
O obxectivo principal do Plan galego de reprodución humana asistida é a mellora das prestacións recollidas na carteira de servizos do Servizo Galego de Saúde e, adicionalmente, mellorar as ratios de natalidade en Galicia.
Este plan está dirixido a persoas con capacidade de xestar pero que precisan axuda dada a imposibilidade de conseguilo de forma natural, non seren susceptibles para logralo con tratamentos exclusivamente farmacolóxicos ou tras o fracaso destes, así como aquelas persoas que, contando cun estado de saúde e unha idade bioloxicamente adecuadas para a maternidade (30-35 anos), deciden adiar a súa xestación por motivos persoais.
Boletín divulgativo en formato PDF aloxado na web Xanela aberta https://vida-saudable.sergas.gal/
Neste boletín inclúese información sobre temas de actualidade relacionados coa promoción da saúde, unha receita de tempada e a axenda de actividades realizadas nas áreas sanitarias.
Boletín divulgativo en formato PDF aloxado na web Xanela aberta https://vida-saudable.sergas.gal/
Neste boletín inclúese información sobre temas de actualidade relacionados coa promoción da saúde, unha receita de tempada e a axenda de actividades realizadas nas áreas sanitarias.