Catálogo

Amosando 361 - 372 de 658

Debido ao cambio do calendario vacinal, modificouse este documento, para eliminar a 1ª dose da vacina da hepatite B, que antes se administraba ao neonato ou á neonata nas primerias horas de vida, e que agora se administra aos 2 meses de idade do bebé, polo que, para evitar confusións, cumpría modificar este documento. Neste caso só se publica en formato pdf, para a súa consulta na web do SERGAS.

Publicación que presenta os datos da actividade desenvolvida ao longo do pasado ano pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Inclúe, entre outros apartados, os seguintes: identificación do centro, contorno , estrutura e organización, recursos globais, actividade global, centro de formación en medicina de urxencias, emerxencias e catástrofes de Galicia, área de calidade, gabinete de prensa, servizo de tecnoloxía e sistemas de información, e servizo de atención ao usuario.

Autor/a
Gómez Amorín
Angel
Autor/a
Álvarez Cortiñas
Manuel
Autor/a
Suárez Luque
Silvia
Lingua/s
Galego

O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Este programa lévase a cabo por parte de todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo, desde o ano 1998. Na nosa comunidade autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, aínda que a primeira recollida de mostras se realiza na segunda quincena de maio.
As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da temporada se teñen, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño. Os parámetros controlados son os que indica a lexislación vixente (Real Decreto 1341/2007, do 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño).
Cos resultados obtidos en cada tempada elabórase o informe técnico do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

Autor/a
Rey Liste
María Teresa
Autor/a
García Caeiro
Ángela L.
Autor/a
Ventosa Rial
Javier
Lingua/s
Galego

Publicación baseada na actividade do servizo de información sobre teratóxenos do Servizo Galego de Saúde, na que se recollen breves fichas con información sobre o risco da utilización dos diferentes medicamentos na muller embarazada.

Entidade
Galicia. Xunta. Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade
Lingua/s
Galego

A Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020 é o instrumento de planificación que o Goberno da Xunta de Galicia pon ao servizo da comunidade para seguir avanzando na igualdade de oportunidades e na aceptación das diferenzas para un grupo de poboación heteroxéneo con necesidades e demandas diversas. Susténtase nunha metodoloxía de elaboración participativa, na que interviñeron tanto o movemento asociativo do ámbito da discapacidade coma os departamentos da Administración autonómica e colexios profesionais. Ten por obxecto impulsar accións que contribúan a que as persoas con algún tipo de discapacidade poidan gozar dunha vida autónoma e independente e teñan poder de decisión sobre a súa propia vida. Así mesmo, refórzanse aspectos que contribúen a unha verdadeira participación activa na comunidade, sen esquecer a importancia da accesibilidade para facelo factible. Estrutúrase en:
• 6 liñas estratéxicas. Correspóndense coas grandes áreas de intervención que se pretenden abordar.
• Obxectivo estratéxico. Asociado a cada liña estratéxica, representa a meta ou obxectivo xeral pretendido.
• Obxectivos operativos. Representan as metas concretas que contribúen á consecución do obxectivo estratéxico e que, polo tanto, deben posibilitar a súa realización a través dun conxunto integrado de actuacións.
• Actuacións. Son propostas concretas para a acción, as medidas a través das que se pretende materializar cada un dos obxectivos operativos da Estratexia.

Entidade
[Adaptación] Fademga Plena Inclusión Galicia
Lingua/s
Galego

A adaptación da Estratexia galega sobre discapacidade está dirixida a persoas con discapacidade intelectual e ten como obxectivo principal facer máis comprensible o texto a un determinado grupo de persoas usuarias. Debido a iso, a linguaxe, a tipografía, os cadros aclaratorios, a maquetación, etc. validáronos persoas usuarias dunha asociación de discapacitados de Santiago de Compostela, nun intento de facilitar e mellorar a vida destas persoas e a das súas familias.

Selección das disposicións normativas máis salientables no eido das políticas sociais elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo dun ano no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en 5 grandes epígrafes, de cada rexistro danse os seguintes datos: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar sobre as actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación de las personas usuarias.

Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, ben sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.