Catálogo

Amosando 37 - 48 de 658

Publicación estruturada a través da recompilación de fichas. Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar a aprendizaxe da sexualidade por parte da nosa xuventude. Preténdese que aprendan a se coñecer, a se aceptar e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio, e contribuír, deste xeito, ao seu pleno desenvolvemento persoal e social.

Autor/a
Grupo de traballo Código shock cardioxénico
Lingua/s
Galego

Na Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, constituíuse un grupo de traballo formado por diferentes profesionais sanitarios implicados na atención ao paciente en Shock Cardioxénico das 7 áreas sanitarias, así como de Urxencias Sanitarias do 061 para crear o protocolo "Código Shock Cardioxénico: Atención ao paciente en Shock Cardioxénico no Servizo Galego de Saúde.

O presente documento intégrase dentro dunha colección de protocolos que se corresponden coa adaptación ao contexto do Servizo Galego de Saúde das sucesivas guías publicadas no Boletín Oficial del Estado (BOE) para a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos suxeitos á prescrición médica por parte das/dos enfermeiras/os no ámbito da febre.
Este protocolo está acorde coas estratexias e liñas de acción promovidas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e está coordinado desde o Servizo de Integración Asistencial da Subdirección Xeral de Xestión Asistencial e Innovación.

O boletín ten catro apartados:
1º exponse un caso clínico: home que presenta dependencia ao uso do fentanilo e o seu proceso de
recuperación. Caso notificado ao Centro de Farmacovixilancia de Galicia. Así como, os casos notificados en
FEDRA (Farmacovixilancia Española Datos das Sospeitas das Reaccións Adversas) relacionados co fentanilo e a
dependencia.
2º. Resumo dás sospeitas de notificacións de reaccións adversas en Galicia no ano 2023.
3º. Resumo dás cartas de seguridade enviadas aos sanitarios entre xaneiro e maio do 2024.
4º. Información dás XIII xornadas de farmacovixilancia, Oviedo 2024. Inscripción, temas a tratar con idea de
publicitar dita información e que favorezca a participación dos sanitarios dende Galicia.

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social e Igualdade, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia
Lingua/s
Galego

Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

Autor/a
Equipo de traballo:
Autor/a
Peña Gil
Carlos
Autor/a
Rey Aldama
Daniel
Autor/a
Tasende
Pablo [et.al.].
Lingua/s
Castelán
Galego

As enfermidades cardiovasculares constitúen a primeira causa de morte en Occidente e son responsables de catro millóns de mortes ao ano en Europa. O presente proceso asistencial ten como obxectivo reducir o impacto da cardiopatía isquémica. Este documento debuxa por primeira vez de forma integral o proceso asistencial da cardiopatía isquémica, desde a prevención primaria; o estudo da dor torácica, a síndrome coronaria aguda, os programas de rehabilitación cardíaca e prevención secundaria e a síndrome coronaria crónica. En cada unha das fases do proceso introdúcese a secuencia de actividades, as probas complementarias e os tratamentos, de xeito que facilite a consulta rápida e a actualización do coñecemento.