Informe do modelo organizativo do Programa de detección precoz do cancro colorrectal e principais resultados desde o inicio en 2013 ata o ano 2017.
Informe do modelo organizativo do Programa de detección precoz do cancro colorrectal e principais resultados desde o inicio en 2013 ata o ano 2017.
O Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño realízase na Comunidade Autónoma de Galicia desde o ano 1983. Este programa lévano a cabo todas as comunidades autónomas, coordinado polo Ministerio de Sanidade e Consumo (hoxe Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar) desde o ano 1998. Na nosa comunidade autónoma a temporada de baño establécese, en función das condicións climatolóxicas, desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, ben que a primeira recolla de mostras se realiza na segunda quincena de maio. As mostraxes realízanse cunha frecuencia quincenal, de tal modo que ao final da temporada téñense, polo menos, 8 controis, que son os necesarios para calcular a clasificación sanitaria das zonas de baño.
Actualización do informe anual da tuberculose, editado anualmente polo Programa galego de prevención e control da tuberculose, con datos do ano 2017 e evolución do período 1996-2017.
Publicación do equipo de Inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario, entre participantes e potenciais participantes no II Plan Galego de Inclusión Social.
Publicación que recolle as actividades desenvolvidas durante a xornada anual que organiza o Consello de Bioética de Galicia: os relatorios de inauguración e presentación, conferencias de apertura e de clausura, a presentación do documento estratéxico "Ética, vulnerabilidade e ancianidade" elaborado polo propio Consello, os relatorios das mesas redondas e contidos dos pósters presentados. A publicación conta con soporte audiovisual.
Resumo das principais actividades levadas a cabo polo persoal da Dirección Xeral de Saúde Pública nos anos 2016 e 2017
O obxectivo deste documento é difundir o proxecto de biblioterapia entre pacientes e público en xeral. Este proxecto xurdiu durante unha colaboración da Consellería de Sanidade con pacientes afectados por depresión e as súas familias. Con este punto de partida, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde comezou a traballar na articulación dunha iniciativa para revisar a evidencia científica dispoñible sobre o uso dos libros con fins terapéuticos e na implementación do proxecto
O obxectivo desta publicación é poñer en marcha un proxecto de biblioterapia que xurdiu durante unha colaboración da Consellería de Sanidade con pacientes afectados por depresión e as súas familias. Con este punto de partida, a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) comezou a traballar na articulación dunha iniciativa para revisar a evidencia científica dispoñible sobre o uso dos libros con fins terapéuticos e na implementación do proxecto.
Publicación cuxo contido vai dirixido a técnicos sanitarios e persoal de ONG que traballan no campo do VIH-sida, tratando o tema das novas infeccións polo virus da inmunodeficiencia humana e outras infeccións de transmisión sexual, de maneira que se informa sobre o importante cambio que se produce cando este problema sanitario se considera dende a perspectiva de infección e non de enfermidade. Así, coñecemos as características actuais da epidemia destas infeccións, tanto no que se refire ás persoas afectadas e prácticas de risco como á distribución temporoespacial.
O estudo responde ao resultado do traballo realizado como parte da preparación previa do futuro Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia con dous obxectivos: ampliar e actualizar a información diagnóstica dispoñible sobre o senfogarismo en Galicia e recoller consideracións e perspectivas de intervención propostas desde grupos de persoas expertas, profesionais da área e con experiencia no senfogarismo.
Estratexia que pretende integrar todos os programas que se veñen desenvolvendo nos últimos anos para a atención ás persoas en situación de cronicidade baixo un modelo de traballo coordinado e innovador, orientado a incrementar a calidade e a seguridade da atención ás/aos pacientes crónicos, a satisfacción das/dos enfermos e a implicación das/dos profesionais.
Resumo da actividade global, de descrición detallada, da actividade realizada polos distintos Servizos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol ao longo do ano 2017, tanto no hospital como nos centros de saúde.