Selección de receitas gastronómicas suxeridas por cada un dos restaurantes que forman parte da Asociación de Amigos da Cociña Galega. Contén textos introdutorios das institucións competentes en materia de turismo e gastronomía.

Catálogo da exposición do mesmo nome, celebrada na cidade de Lugo entre os meses de setembro e decembro de 2006. Ademais da relación de pezas da exposición, este libro recolle, entre outros, estudos referentes á vida do santo, a evolución do seu culto, a historia das festas de San Froilán etc.
Catálogo da exposición do mesmo nome, celebrada na cidade de Lugo entre os meses de setembro e decembro de 2006. Ademais da relación de pezas da exposición, este libro recolle, entre outros, estudos referentes á vida do santo, a evolución do seu culto, a historia das festas de San Froilán, etc.
Libro promocional de Galicia en xaponés concibido para a súa difusión no país do sol nacente. Fai un breve percorrido polas zonas máis representativas da nosa Comunidade, polos seus monumentos, as paisaxes, etc., e inclúe un apéndice gastronómico de carácter xeral (principais produtos do país, pratos etc.)
Libro promocional do Camiño de Santiago en xaponés concibido para a súa difusión no país do sol nacente. A través das súas 120 páxinas preténdese explicar, de xeito sinxelo, o que significa o Camiño de Santiago, as súas orixes, as súas distintas variantes, o seu patrimonio cultural e espiritual, etc.
Percorrido pola historia da cociña monacal galega, que se abre cun breve texto de presentación de Miguel Vila, para nos introducir a continuación Xavier Castro no mundo da respostaría dos conventos e mosteiros de Galicia. A publicación complétase cunha guía dos principais cenobios do país, así como cunha breve recensión histórica de cada un deles, datos prácticos e as súas principais receitas.

Trátase dunha guía visual con textos e imaxes en cor da exposición temporal do mesmo título e un anexo coa tradución en castelán.
Selección de pezas da colección do museo con información catalográfica, imaxes, selección de procesos de restauración e bibliografía, así como textos explicativos, traducido a castelán e inglés.
Catálogo da exposición organizada polo Museo das Peregrinacións e de Santiago "Le gens du chemin" sobre as peregrinacións ao santuario de Saintes Maries de la Mer (Francia).
Catálogo da exposición do mesmo título. Faise un percorrido polos ritos de paso e polos actos festivos, para facer ver as súas diferenzas e polo tanto o específico da celebración. A tese exposta exemplifícase a través das dúas manifestacións de festa nunha mesma sociedade como é a Festa da Virxe do Portal e a Festa da Historia. Finalmente faise alusión a outras festas do calendario festivo de Ribadavia.
Esta guía hai que enmarcala dentro das actividades desenvolvidas no proxecto POCTEP "Eurorexión Termal e da Auga". Trátase dunha guía turística das vilas de Verín, Chaves e Vidago de que contan cun fío condutor común, as augas termais. A guía fai unha descrición das rotas, percursos e demais recursos turísticos asociados ás augas termais, das tres vilas que compoñen a Eurocidade, con mapas detallados e multitude de fotografías da zona. Así mesmo, conta cun catálogo de actividades complementarias (aloxamento, restaurantes, compras) e cun mapa grande descritivo da zona.