Catálogo

Amosando 1 - 12 de 30
15,00 €
Autor/a
Bermejo Patiño
Manuel R.
Autor/a
González Noya
Ana
Autor/a
Marcelino Maneiro
Maneiro
Lingua/s
Galego

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades acolle esta obra, elaborada por catedráticos da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, que convida os lectores interesados na historia da ciencia a afondar na vida de Antoine-Laurent Lavoisier, impulsor da química moderna e figura clave na situación sociopolítica que deu lugar á Revolución francesa. Nesta contribución abórdase a implicación de Lavoisier na política francesa de finais do século XVIII ao mesmo tempo que se analiza o seu papel na transformación da vella alquimia nunha ciencia baseada na experimentación, na precisión cuantitativa e nunha nova terminoloxía científica.

20,00 €
Entidade
Arquivo do Reino de Galicia
Lingua/s
Castelán
Galego

Catálogo da exposición Voar dende Galicia. O desenvolvemento das infraestruturas aeroportuarias en Galicia, celebrada no Arquivo do Reino de Galicia no ano 2022.

O catálogo fai un percorrido polo inicios da aviación en España e en Galicia, e a configuración (proxectos, construción) dos aeroportos e aeródromos galegos. Os documentos usados corresponden na súa maior parte ao fondo documental de Francisco Iglesias Brage, conservado no Arquivo do Reino de Galicia, con algunhas pezas doutros arquivos.

O catálogo divídese en catros grandes epígrafes:

- Os primeiros pasos: nacemento e impulso do transporte aéreo, deseño de aparatos e innovación técnica.

- Os grandes proxectos: centrado nos tres grandes aeroportos. Alvedro (A Coruña), A Lavacolla (Santiago de Compostela) e Peinador (Vigo).

- Pequenos aeródromos: nesta epígrafe recóllense documentos sobre todo do aeródromo de Rozas, en Lugo, o único que segue existindo na actualidade.

- Proxectos inacabados: os casos singulares dos proxectados aeroportos de Ferrol e A Toxa (O Grove).

0,00 €

Esta publicación que lanzamos no marco do Programa de deseño para a innovación 2020 desenvolverase a través dun conxunto de entrevistas para pensar sobre o noso futuro na era pos-COVID, con algúns e algunhas dos/as mellores profesionais galegos/as do deseño a nivel galego, nacional e internacional.

13,00 €

A obra é o catálogo da exposición feita polo Arquivo de Galicia que, baixo o título Camiños, paisaxe e patrimonio, pretende ser un percorrido polas grandes vías de comunicación que conducen a Santiago a través de documentos que amosan a súa variedade de paisaxes e bens, tanto mobles como inmobles ou inmateriais.
No catálogo recóllese a totalidade dos documentos expostos e dos documentos explicativos que os acompañan e ten como finalidade potenciar a difusión da exposición.

18,00 €
Prologuista
Escrigas
Guillermo
Lingua/s
Castelán
Galego

Mariana de Neoburgo, alemá de nacemento, foi a raíña de España desde 1989 ata 1770. Converteríase, por un lado, nunha figura política española de finais do século XVII, a través do seu matrimonio co rei Carlos II (1661 – 1700) e, por outro, nunha soberana pouco querida polo pobo español pola súa orixe estranxeira e a súa natureza fachendosa. Este volume é un facsímile de 11 impresos do século XVII sobre a viaxe da raíña por Galicia.

0,00 €
Lingua/s
Inglés
Castelán
Galego

O deseño para a innovación ocupa un lugar destacado na estratexia actual de crecemento, mercado interior, industria, emprendemento e pemes da Comisión Europea. Co obxectivo de mellorar o coñecemento e a comprensión do deseño polas empresas como factor estratéxico relevante, esta primeira publicación, O deseño como motor. Casos de éxito quere poñer en valor a relación dos deseñadores coas empresas como elemento de competitividade.

Catálogo da exposición que recolle a experiencia da viaxe da autora relacionándoa co xogo da oca, para espertar unha antiga comparanza entre peregrinación e xogo iniciático (Camiño de Santiago e xogo da oca).Inclúese un estudo científico sobre as alegorías do home como peregrino na terra.

 

0,00 €
Autor/a
Alvarellos Quique
Lingua/s
Galego

Trátase dun despregable no que se inclúen planos da ruta, perfís, distancias quilométricas, etapas parciais, planos de lugares xacobeos, etc. Así mesmo, o apartado Mais alá do Camiño, anímanos a que cando rematemos o Camiño poidamos contemplar territorios e paisaxes, de singular beleza, un pouco afastados del.

85,00 €

A obra consta de dous tomos e un DVD incluido en carpeta.
O tomo primeiro, co título A recuperación dun sitio histórico/ Historia e memoria fai un percorrido pola historia das illas, San Simón e San Antonio (situadas ao fondo da Ría de Vigo), desde a Prehistoria á Idade Contemporánea, con participación de varios autores. Dedícase un capítulo aos estudos arqueolóxicos desenvolvidos nas illas e ao establecemento e á historia arquitectónica do lazareto, e ao estudo e recordo dos feitos e persoas que viviron nas illas cando estas eran unha cadea para os presos políticos tras a guerra civil. Todo cunha ampla mostra fotográfica e de imaxes antigas das diferentes épocas das cales queda imaxe gráfica
O tomo segundo da obra, co título A recuperación dun sitio histórico/Plan director de rehabilitación afronta, tras unha presentación do arquitecto galego César Portela, o citado Plan director das illas, un mapa de ambas as dúas e un estudo individualizado por cada un dos edificios e os seus contornos, con planos e profusión de fotografías. A seguir, unha serie de colaboracións, con reportaxes fotográficas das illas, os seus contornos e espazos exteriores, das esculturas e da vexetación botánica, xunto a fermosas imaxes das illas na noite. Varios estudos e as traducións para o castelan e ó inglés.
Xúntase á obra un vídeo en formato DVD, de algo máis de 40 minutos, que recolle, con opción lingüística de galego, castelán e inglés, os temas tratados nos libros. Un repaso histórico e un estudo pormenorizado dos elementos incluídos no plan director.
Os tres volumes, incluíndo o soporte do DVD, están luxosamente editados e incluídos nunha caixa a modo de encadernación o que favorece e facilita a súa conservación.

Obra de consulta para aqueles que queiran coñecer e afondar no tema da ordenación territorial e urbanística do litoral en Galicia, con referencias á recente Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.