Guía de atención no proceso de morte e dó xestacional e perinatal

Autor/a
Basanta Matos
Rocío
Autor/a
[et.al.].
0,00 €
Sinopse

A morte dun fillo ou dunha filla durante o embarazo, o parto ou na primeira semana posparto, non é un feito habitual, pero si é unha situación que require unha especial atención xa que provoca un forte impacto emocional desde o momento en que a muller e a súa parella, se é o caso, reciben a noticia, por tanto, precisa dun especial coidado por parte dos/as profesionais da saúde. Esta guía vai dirixida ao/as profesionais sanitarios e non sanitarios do Sergas, co fin de mellorar a calidade da atención ás mulleres xestantes ou puérperas), ás súas parellas, se é o caso, familia e persoas achegadas, ante unha situación de morte dun fillo ou filla, xa sexa unha morte xestacional, perinatal ou neonatal, no momento de recibir a mala noticia, durante a atención ao embarazo, parto ou puerperio inmediato, así como no seguimento puerperal posterior.

Ficha técnica

Editorial
Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
Santiago de Compostela
Ano de edición
2020
Edición
Lingua/s
Galego
Colección
D: Guías, manuais, protocolos, procesos, procedementos, instrucións e normatica
Volumes
1