Recompilación e difusión dos datos estatísticos máis salientables dos sectores agrogandeiro, forestal e alimentario galegos.

Resumo dos resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e a calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.
Esta nova monografía de datos forestais estatísticos ten unha relevancia equiparable á presentada o ano anterior, pola importancia que leva consigo a continuidade na actualización, ampliación e incorporación de series históricas dos ditos datos.
A Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro (LORPM) pon o acento nas funcións rehabilitadoras e reeducadoras e establece un catálogo de medidas de natureza sancionadora-educativa que, baseado no superior interese da persoa menor, perseguen a integración e a reinserción social dos menores que delinquen. Esta memoria recolle os datos estatísticos de execución relativos ao ano 2017 e preséntase dividida en catro bloques: medidas notificadas, medidas en execución, medidas pendentes de execución e datos sobre as persoas menores que estiveron executando medidas.
Operación estatística extraída da información facilitada polas propias persoas interesadas sobre a concesión ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deben cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.

As cardiopatías conxénitas constitúen o defecto conxénito máis frecuente e nas últimas décadas asistimos a un importante avance no tratamento das mesmas.
Neste documento faise unha recompilación de recomendacións para a práctica da actividade física no ámbito escolar galego, para os nenos entre 6 e 16 anos portadores da maioría das cardiopatías conxénitas e familiares.
As cardiopatías conxénitas constitúen o defecto conxénito máis frecuente, e nas últimas décadas asistimos a un importante avance no tratamento das mesmas.
Este documento fai una recompilación de recomendacións, para a práctica da actividad física, no ámbito escolar galego, para os nenos entre 6 e 16 anos portadores da maioría das cardiopatías conxénitas e familiares.
Publicación anual con información estatística sobre menores en situación de desprotección e sobre adopcións. Define as distintas figuras legais que protexen a situación de risco e desamparo: garda, tutela e acollemento, sexa familiar ou residencial. Tamén define e analiza o proceso legal das adopcións, na súa dobre vertente: nacional e internacional. Por último, describe os programas de apoio ás persoas menores e ás súas familias levadas a cabo polos servizos especializados de protección da infancia.

O programa FEMORA recompila procedementos estandarizados, con evidencia científica, para os profesionais do Sergas.
Protocolizar os coidados constitúe un instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica, o que propicia unha atención máis xusta e equitativa aos nosos pacientes. Este procedemento unifica, así mesmo, criterios de actuación que nos serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso.