Este manual ten como finalidade desenvolver unha metodoloxía práctica para realizar a reestruturación parcelaria cunha visión máis integradora, onde a conservación da paisaxe é un valor engadido en todo o proceso.
Este manual ten como finalidade desenvolver unha metodoloxía práctica para realizar a reestruturación parcelaria cunha visión máis integradora, onde a conservación da paisaxe é un valor engadido en todo o proceso.
Información sobre a enfermidade hemorráxica epizoótica.
Ao longo deste libro podemos descubrir a infraestrutura e o funcionamento da unidade helitransportada da Base O Campiño, exemplo de loita contra os incendios. O seu labor foi obxecto de recoñecemento máis alá das nosas fronteiras.
O Proxecto Lugares nace coa intención de transformar, dun xeito sostible, o espazo público no Camiño de Santiago, un dos itinerarios máis transitados e relevantes do mundo. A través dunha mirada multidisciplinaria, propón, da man da comunidade local, imaxinar e deseñar intervencións paisaxísticas e arquitectónicas sostibles, con materiais naturais e de proximidade.
Boletín de periodicidade anual no cal se recollen informacións diversas do Instituto Galego das Cualificacións para a súa divulgación.
Informe no cal se presenta o estado actual do desenvolvemento da responsabilidade social empresarial (RSE) nas empresas galegas, que permite coñecer a relación entre o compromiso das empresas coa RSE e o desempeño económico que pode derivar das prácticas responsables ou outros efectos na vida das empresas; e tamén cal é o estado actual do compromiso das empresas cos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS).
Guía que ten por obxecto achegarlles ás persoas propietarias, promotoras e redactoras de proxectos criterios de como actuar no territorio histórico dos Camiños de Santiago, de modo que se garanta a salvagarda das súas características tradicionais, culturais e paisaxísticas, e ao mesmo tempo se facilite e se axilice o proceso de obtención das correspondentes licenzas ao dispoñer de recursos e información complementaria de axuda.
Para o obxecto de facer máis doada a consulta, a guía organízase nunha serie de fichas que se agrupan en 6 capítulos.
Cadernos de Fraseoloxía Galega presenta o seu número 24. Este volume está composto por sete artigos de temática diversa que tratan cuestións como a fraseoculturoloxía e fraseodidáctica no ensino de español como lingua estranxeira, a expresión das emocións e as locucións somáticas en francés e romanés, o uso de expresións fixas por parte de pacientes nas consultas médicas, a variación en unidades fraseolóxicas desde un punto de vista diacrónico, o ensino de español para estranxeiros a través da lingüística de corpus, as unidades fraseolóxicas contidas en contos humorísticos escritos por nenas e nenos e a simboloxía do raposo na fraseoloxía do chinés. Ademais, achégase unha recompilación de unidades fraseolóxicas manifestadas na zona do Couto de Oíns (Arzúa) e nove recensións de obras recentes sobre a fraseoloxía. Por último, déixase constancia das últimas novidades bibliográficas máis destacadas.
Informe elaborado polo Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, coordinado por María Xosé Rodríguez Galdo e aprobado polo Pleno do Observatorio en novembro de 2023. O informe analiza de forma extensa ao longo de seis capítulos os aspectos fundamentais da situación demográfica de Galicia, tendo unha parte final dedicada a unha análise DAFO-CAME e varios Anexos.
Consonte coa misión do Observatorio téntase achegar unha resposta a preocupación polas dinámicas demográficas non só dos xestores públicos e privados senón tamén dun cada vez máis amplo sector da cidadanía galega. Quérese avanzar na interpretación e alcance dos comportamentos demográficos, evitando as visións curtopracistas .
Un Informe das características do aquí presentado nútrese en boa medida das fontes de datos e indicadores elaborados polo IGE (Instituto Galego de Estatística) e polo INE (Instituto Nacional de Estadística), e tamén da recompilación das distintas series elaboradas por consellerías e organismos da Xunta de Galicia e por entidades provinciais e locais así como por diversos organismos ministeriais do Goberno de España. Da súa utilización, e da inclusión puntual dalgunha outra fonte de datos como Eurostat, dáse conta nos distintos epígrafes.
Esta monografía representa unha culminación de tres décadas de traballo investigador. O núcleo do estudo repousa na oralidade en canto que parte esencial da creación da poesía trobadoresca e a súa inscrición na ficción das cantigas de amor e de amigo. Para facilitar o seguimento das reflexións, inclúese no apéndice unha táboa onde figuran todos os autores estudados (101 trobadores), todas as cantigas cunha síntese dos motivos desde a óptica da oralidade e un repertorio de todas as cantigas incorporadas no estudo..
Publicación do equipo de Inclusión do Centro Penitenciario de Teixeiro destinada á distribución no propio centro penitenciario entre participantes e potenciais participantes no II Plan galego de inclusión social.
Publicación que recolle a estratexia a seguir polo Servizo de Urxencias e Emerxencias Sanitarias na comunidade galega nos próximos cinco anos.