Catálogo

Amosando 1405 - 1416 de 2048

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácater autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE)

Información na que se expoñen de maneira clara e sinxela os principais danos que poden causar os produtos químicos, cun especial fincapé na importancia de identificar correctamente os produtos e as situacións que poden xerar perigo, no papel do traballador na prevención destes riscos e en como actuar ante casos de emerxencia.

Coa publicación deste traballo, o Instituto Galego das Cualificacións persegue acadar un dos seus obxectivos prioritarios: coñecer a situación e a evolución do mercado de traballo galego nos distintos ámbitos territoriais, co fin de comprobar cales son as ocupacións máis representativas, e proporcionarlles esa información aos profesionais do emprego, da formación e da orientación laboral.

Escolma das disposicións normativas máis salientables no eido laboral e do benestar elaboradas por esta consellería e publicadas ao longo dun ano no Diario Oficial de Galicia (DOG). Clasificadas en 6 grandes epígrafes. De cada rexistro danse os seguintes datos: título da disposición, núm. de DOG e data de publicación e acceso á norma en formato PDF e HTML.

Autor/a
González Vickberg
Cristina
Coautor/a
Lorenzo Gallego
Marcos
Lingua/s
Galego

Informe que analiza o campo de colaboración potencial entre as empresas cooperativas e o ámbito cultural e artístico, con incidencia en tres aspectos: as cooperativas culturais que destacan polo uso de boas prácticas, as iniciativas públicas e privadas de fomento do cooperativismo cultural con resultados destacables e as experiencias de colaboración comercial entre artistas e cooperativas.

O informe "Inserción laboral da formación para o emprego", que aparece editado en liña, mide os efectos das políticas formativas dende unha perspectiva do mercado de traballo. É dicir, permite coñecer o alcance e a adecuación da oferta formativa respecto dos requirimentos da actividade económica galega.
O ámbito xeográfico é Galicia, con resultados desagregados por provincias e comarcas, tendo en conta o domicilio do centro impartidor. O informe desenvolve os resultados da inserción do alumno formado, agrupado por familias profesionais e distribuído en función de diversas variables: sexo, idade, nivel académico, tipoloxía da contratación, actividade económica e grupos ocupacionais.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións maís salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE).

Operación estatística extraída da información facilitada polos propios interesados sobre outorgamento ou renovación dos títulos de familia numerosa entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano en curso. Informa tamén sobre a normativa aplicable e os requisitos que se deberán cumprir para o recoñecemento da condición de familia numerosa.