Catálogo

Amosando 61 - 64 de 64

Esta guía hai que enmarcala dentro das actividades desenvolvidas no proxecto POCTEP "Eurorexión Termal e da Auga". Trátase dunha guía turística das vilas de Verín, Chaves e Vidago de que contan cun fío condutor común, as augas termais. A guía fai unha descrición das rotas, percursos e demais recursos turísticos asociados ás augas termais, das tres vilas que compoñen a Eurocidade, con mapas detallados e multitude de fotografías da zona. Así mesmo, conta cun catálogo de actividades complementarias (aloxamento, restaurantes, compras) e cun mapa grande descritivo da zona.

Material didáctico que busca sensibilizar e motivar a mocidade cara o voluntariado. As actividades desenvólvense ao redor de 4 bloques temáticos: aprendizaxes básicas, actitudes e valores, sensibilización e orientación Acompaña a publicación unha listaxe de documentos de apoio que afondan e amplían coñecementos na materia.