Catálogo

Amosando 229 - 240 de 506
Autor/a
Vázquez Fernández
Ana María
Coordinador/a
Rega Piñeiro
José
Coordinador/a
Ferrón Vidán
Lucía
Lingua/s
Castelán

Información en liña verbo das principais medidas preventivas nos traballos con fitosanitarios: o seu rexistro, a etiqueta, a ficha de datos de seguridade, o traballo con fitosanitarios, a capacitacón de profesionais, os equipos de protección individual, a inspección de equipos de aplicación e lexislación aplicable.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións maís salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE).

O estudo do mercado laboral de Galicia, elaborado polo Observatorio Ocupacional do Instituto Galego das Cualificacións, pretende servir de instrumento eficaz dirixido ao servizo público de emprego e ás institucións e profesionais que desenvolven as súas actividades no ámbito laboral da orientación e a formación profesional. Tamén pretende dar a coñecer de forma pormenorizada a estrutura do mercado laboral da Comunidade Autónoma; proporciona para este obxectivo unha información detallada das principais variables que determinan e condicionan o funcionamento do mercado galego.

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Traballo e Benestar coas actuacións máis salientables da consellería no ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abarca, excepto o primeiro capítulo, no que se analizan temas de carácter máis transversal, como estrutura orgánica, competencias, publicacións e estatísticas etc.

Boletín de periodicidade trimestral que nace cun dobre obxectivo: ser punto de referencia na responsabilidade social empresarial para as organizacións galegas do territorio e darlles visibilidade a todas aquelas accións que supoñan un impulso para facer real a RSE en Galicia.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácater autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE)