Catálogo

Amosando 205 - 216 de 512

Publicación electrónica en liña do informe de seguimento do Plan galego das persoas maiores 2010-2013, Horizonte 2015, que dá conta das actuacións implantadas polo goberno galego en resposta á programación correspondente ao ano 2014. Este plan ten como principal finalidade lograr un meirande recoñecemento social das persoas maiores, a súa protección e a mellora dos seus recursos asistenciais.

Manual que xurdiu da necesidade de recoller as demandas, valoración e recursos propios dos servizos sociais comunitarios existentes na nosa comunidade autónoma. O cambio de contexto no que se desenvolven estes servizos na actualidade levou a preparar a nova versión que aparece agora, que recolle unha panorámica revisada e actualizada dos recursos e demandas dos profesionais dos servizos sociais comunitarios.

Autor/a
Rodríguez Arribe
José Antonio
Coautor/a
Castro Balboa
Diego
Coautor/a
García Fernández
Pablo
Lingua/s
Galego

Folleto que informa verbo da prevención de riscos laborais e as boas prácticas que se deben observar na estracción de recursos específicos da pesca, entendidos estes como aquelas especies marisqueiras que requiren dun sistema de xestión específico no referente ás súas características biolóxicas, extracción e comercialización.

Boletín de periodicidade trimestral que nace cun dobre obxectivo: ser punto de referencia na responsabilidade social empresarial para as organizacións galegas do territorio e dar visibilidade a todas aquelas accións que supoñan un impulso para facer real a RSE en Galicia.

Boletín de periodicidade trimestral que nace cun dobre obxectivo: ser punto de referencia na responsabilidade social empresarial para as organizacións galegas do territorio e dar visibilidade a todas aquelas accións que supoñan un impulso para facer realidade a RSE en Galicia.

Memoria que con carácter anual edita a Consellería de Traballo e Benestar coas actuacións máis salientables da consellería no ano en curso. A publicación estrutúrase en tantos capítulos como ámbitos de actuación abrangue, agás o primeiro capítulo, no que se analizan temas de carácter máis transversal, como estrutura orgánica, competencias, publicacións e estatísticas etc.