Catálogo

Amosando 193 - 204 de 506

Esta publicación ten como principal obxectivo analizar as diferentes ferramentas existentes en materia de RSE no sector da construción para que sirva de manual básico de referencia para a posta en marcha de actuacións responsables e estratexicamente competitivas por parte de todas as entidades ligadas a este sector.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña a publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOU).

Manual formativo divulgativo das medidas básicas para a prevención dos trastornos musculoesqueléticos (TME) entre os traballadores e traballadoras do sector da conserva de atún. Achega ademais as claves da prevención íntegra de todos os axentes implicados.

Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña a publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE).

Publicación electrónica en liña do informe de seguimento do Plan galego das persoas maiores 2010-2013, Horizonte 2015, que dá conta das actuacións implantadas polo goberno galego en resposta á programación correspondente ao ano 2014. Este plan ten como principal finalidade lograr un meirande recoñecemento social das persoas maiores, a súa protección e a mellora dos seus recursos asistenciais.

Manual que xurdiu da necesidade de recoller as demandas, valoración e recursos propios dos servizos sociais comunitarios existentes na nosa comunidade autónoma. O cambio de contexto no que se desenvolven estes servizos na actualidade levou a preparar a nova versión que aparece agora, que recolle unha panorámica revisada e actualizada dos recursos e demandas dos profesionais dos servizos sociais comunitarios.