Catálogo

Amosando 697 - 708 de 978

Documento elaborado por profesionais do ámbito da educación e a sanidade sobre o TDAH, a súa detección e tratamento, que inclúe as principais aportacións científicas na materia e que pretende contribuir á mellora da atención e á reducción das problemáticas que este trastorno ocasiona a diario na vida de moitas nenas, nenos e adolescentes galegos.

Guía coa información necesaria sobre que facer en caso de ser vítima ou de coñecer un caso de violencia de xénero así como sobre os recursos e axudas existentes na nosa Comunidade Autónoma. Trátase por tanto dunha ferramenta informativa práctica en relación ás distintas posibilidades que a normativa vixente pon ao teu alcance para poder exercer os teus dereitos, tanto a nivel persoal como cara ao maltratador.

Documento que describe o proceso de atención dos pacientes afectos por un trastorno aditivo, centrándose en asegurar unha atención sanitaria de calidade con garantía de atención semellante a calquera outra patoloxía, regulando a forma de acceso dos pacientes a esta prestación sanitaria e asegurando o seu seguimento con criterios de calidade.

Libro de preguntas e respostas arredor da doazón e os transplantes para informar a poboación e resolver as dúbidas máis frecuentes que se poden plantexar sobre a doazón de órganos e tecidos. Envíase un exemplar a cada persoa que solicita o carné de doador de órganos e tamén se distribúe nas mesas informativas e nas charlas que se imparten nos institutos aos alumnos de secundaria e ciclos formativos. Edición bilingüe.

A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, procura a modificación dos patróns alimentarios e de actividade física da poboación xeral e de grupos específicos en particular. Parece existir consenso ao afirmar que as poboacións con dieta rica en vexetais e froitas e dieta baixa en graxas animais, carnes roxas e/ou calorías, presentan menos risco de padecer algúns dos máis frecuentes tipos de cancro. A fibra é un compoñente esencial dentro dunha dieta saudable, a inxestión diaria de fibra proporciona moitos efectos beneficiosos no organismo, contribúe ao mantemento da saúde e prevén a aparición de distintas enfermidades. Nesta publicación proponse 20 menús, que inclúen pratos ricos en fibra que poden axudar a cubrir a recomendación diaria.

Neste informe preséntanse os resultados e principais conclusións dunha enquisa realizada a mulleres que participaron no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama. A enquisa foi realizada nos meses de maio e xuño de 2008. Ademais destes resultados preséntase información adicional da evolución experimentada desde 1998.

Memoria da actividade desenvolvida por Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios durante o ano 2011, que inclúe actividade asistencia, consultoría e protección radiolóxica, produción de radiofármacos, participación en actividades de eficiencia enerxética e xestión do servizo de cita previa telefónica "Saúde en liña", así como datos de recursos humanos, actividade científica, estrutura organizativa e novas tecnoloxías incorporadas á empresa.

O final da vida pon en evidencia que a medicina ten límites e que hai procesos non susceptibles de curación que requiren ser atendidos, procesos aos que a sociedade e o sistemasanitario deben prestar especial atención para ofrecer ás persoas unha asistencia integral centrada en acadar a maior calidade de vida posible. Esta comisión, na súa preocupación consciente polos dilemas éticos que suscitan os coidados nesta etapa, impulsou un proceso de reflexión cuxo resultado é o presente documento e, cuxo obxectivo é servirlles de marco de referencia e orientación aos profesionais sobre os conflictos éticos e contribuir a mellorar o desenvolvemento dos dereitos fundamentais.

A obesidade é unha enfermidade crónica cunha elevada prevalencia no noso medio. A súa orixe é multifactorial e está determinada pola interacción de numerosos factores que actúan a través de mediadores fisiolóxicos de inxestión e gasto de enerxía. O exceso de peso é hoxe o terceiro factor de risco para todas as causas de morte e discapacidade, despois do tabaco e a hipertensión arterial. Constitúe, ademais, un factor de risco para o desenvolvemento doutras enfermidades crónicas, polo que hoxe en día, e dada a súa prevalencia, constitúe un problema de saúde pública de alcance mundial. Con este documento técnico pretendemos sentar as bases e definir as estratexias e liñas de acción que permitan levar a cabo intervencións tendentes a diminuír a prevalencia da obesidade infantil en Galicia.

O prolapso do órganos pélvicos (POP) caracterízase polo descenso do útero, cúpula da vaxina, vexiga ou intestino no interior da vaxina ou incluso máis alo da súa apertura. Esta patoloxía non causa mortalidade pero pode ter un grande impato sobre a calidade de vida. Chega a afectar ata o 50% das mulleres que tiveron partos vaxinais. Podendo ocasionar síntomas no 21 dos casos. O obxectivo deste informe á avaliar a seguridade, eficacia e costos da utilización das mallas trasvaxinais na reparación quirúrxica do POP.