Catálogo

Amosando 709 - 720 de 975

A enfermidade de inxerto contra hóspede (EICH) é unha complicación frecuente despois do traspalante de médula ósea. Pode presentarse de forma aguda (EICH-a) ou crónica (EICH-c). Arredor do 50% dos doentes co EICH non responden ao tratamento con esteroides e necesitan outra terapia alternativa. A fotoaféresis extracorpórea é un procedemento que implica o filtrado dunha parte do sangue o que é exposta a un fármaco sensible á luz que se traducirá nunha resposta inmune. O obxectivo deste informe é avaliar a efectividade e seguridade da fotoaféresis como tratamento na EICH refractaria a esteroides.

O obxectivo da publicación é avaliar a efectividade da RIO como tratamento adxuvante do actual tratamento estándar do cancro colorrectal, en termos de recurrencia, supervivencia, resultados cosméticos e impacto na calidade de vida. Determinar a seguridade do procedimento en termos de toxicidade aguda e tardía.

A electroporación irreversible (IRE) é unha técnica non térmica de ablación dos texidos que permite a destrución celular por medio dunha serie de pulsos eléctricos cortos e alto voltaxe. A ausencia dun efecto térmico fai que poida ser efectiva a ablación de tumores nas proximidades de vasos sanguíneos principais, estruturas nerviosas e, no caso do fígado, de conductos biliares. O obxectivo deste informe é avaliar a afectividade e seguridade da resección tumoral mediante electroporación irreversible no tratamento do cáncer de páncreas e do cáncer hepático primario e metastásico, en comparación con outras técnicas ablativas e co tratamento estándar.

Guía coa información necesaria sobre que facer en caso de ser vítima ou de coñecer un caso de violencia de xénero así como sobre os recursos e axudas existentes na nosa Comunidade Autónoma. Trátase por tanto dunha ferramenta informativa práctica en relación ás distintas posibilidades que a normativa vixente pon ao teu alcance para poder exercer os teus dereitos, tanto a nivel persoal como cara ao maltratador.

O obxectivo da publicación é a elaboración de indicadores de calidade, baseados na evidencia científica dispoñible e a opinión dos expertos, para o implante transcatéter de prótese valvular aórtica no tratamento da estenose aórtica grave sintomática.

A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) é unha das enfermidades máis prevalentes no noso medio e constitúe un importante problema sanitario, tanto asistencial como de saúde pública e económico na sociedade. Coa elaboración deste proceso asistencia integrado para a EPOC, pretendemos a abordaxe integral da enfermidade, coa participación de todos os estamentos asistenciais impoicados nesta enfermidade, en forma de coidados compartidos, de cara a lles ofrecer aos pacientes un acceso e tratamento asistencia completo, que garanta a continuidade asistencia e a máxima calidade posible dentro de sistema sanitario de Comunidade Autónoma de Galicia

A enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) é unha das enfermidades máis prevalentes no noso medio e constitúe un importante problema sanitario, tanto asistencial como de saúde pública e económico na nosa sociedade. Coa elaboración dos itinerarios asistenciais no proceso asistencial integrado da enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) preténdese aplicar a metodoloxía de procesos ao manexo da EPOC para axudar a diminuir a variabilidade na súa abordaxe, ao establecer a secuencia que segue o paciente dende a entrada no proceso e ao longo da enfermidade.

Esta guía de bolsillo está baseada no precemento de descentralización do TAO AVK da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela (XXIS). É un reflexo fiel da asistencia que se presta na mesma ós doentes con TAO AVK e pretende ofrecer á enfermería información útil e facilmente accesible para poder prestar coidados de calidade ao paciente con TAO AVK. A guía aborda a fisiología da coagulación, os anticoagulantes para usos clínico, o tratamento anticoagulante oral con fármacos antivitamina K, as causas que modifican o INR, os efectos adversos, o proceso de atención de enfermería, a educación sanitaria, o autocontrol do tratamento e por último os controis de calidade.

Avaliar a efectividade da radioterapia intraoperatoria como tratamento adyuvante ou sustituto do actual tratamento estándar no cáncer de mama en termos de recurrencia, supervivencia, resultados cosméticos e impacto sobre a calidade de vida. Determinar a seguridade do dito procedemento en termos de toxicidade aguda e tardía.

Avaliar a efectividade e seguridade da radiociruxía estereotáxica con aceleradores lineais para o tratamento de doentes con neuralxia de trixémino que son refractarios aos fármacos, a pesares de utilizar doses axeitadas, ou non toleran o tratamento médico debido aos efectos adversos.