Novidades

9,00 €
Coordinador/a
Forneiro
José Luís
Coordinador/a
Requeixo Cuba
Armando
Revisor/a
Senín Santiago
María Belén
Lingua/s
Galego

O polígrafo noiés Álvaro de las Casas foi un dos intelectuais galegos máis sobranceiros da primeira metade do século XX. Entre os seus innumerables traballos arredor da nosa cultura, salientan os dedicados á literatura de tradición oral. Neste Caderno Ramón Piñeiro recupérase, en edición facsimilar, un deses valiosos volumes centrados na literatura de transmisión oral: o Cancioneiro popular galego, un texto publicado orixinariamente na diáspora chilena en 1939 e que era ata agora de moi difícil acceso. Como limiar ao facsímile, os profesores José Luis Forneiro e Armando Requeixo dispoñen cadanseu texto introdutorio en que se dá conta da vizosa figura autorial e da peripecia vital de De las Casas.

10,00 €
Autor/a
Pastoriza Rozas
Xosé Luís
Lingua/s
Galego

Edición preparada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades dentro da colección Olladas no Pasado. Este libro debulla as principais chaves do pensamento socioeconómico de Ramón Piñeiro, un aspecto que permaneceu nas marxes das análises sobre a súa reflexión intelectual e que permite identificar os fundamentos dunha economía humanista de resistencia orientada a promover a prosperidade e benestar do pobo galego a través da saída da situación de «atraso» en que se atopaba. Con todo, este labor non se desenvolveu de xeito illado, senón que se integra nun máis amplo traballo en man común do equipo integrado por Piñeiro, Xaime Isla e Francisco Fernández del Riego.

9,00 €
Autor/a
Costa Rico
Antón
Editor/a literario/a
Senín Santiago
Belén
Lingua/s
Galego

Este libro da colección Olladas no Pasado, editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, consegue maxistralmente o que se propón: ofrecerlle ao público de hoxe as claves precisas que explican e permiten comprender en toda a súa complexidade tanto a figura, en certo modo inasible, de Johán Vicente Viqueira López (periplo biográfico, formación académica, empresas e anhelos intelectuais, contribucións, textos...) coma o tempo en que viviu.

24,00 €
Autor/a
Olmo
Santiago
Autor/a
Chocarro
Natàlia
Autor/a
Montornés
Frederic
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Mayte Vieta (Blanes, Girona, 1971) é unha artista visual que utiliza o espazo e a luz como medios de expresión combinando a práctica da fotografía coa escultura e a instalación.
Coas súas pezas crea atmosferas oníricas en cuxa realidade paralela coexisten a gravidade e a ingravidez, e onde as fronteiras entre o apracible e o tráxico se dilúen para suxerir estados de ánimo que na súa ambigua intensidade integran estes opostos.
As súas paisaxes, compostas por non-lugares de silencio e quietude, fálannos da suspensión do presente e da inmersión nun novo universo gravitacional, onde o tempo se retarda, o instante se alonga e o suxeito devén en natureza.

Temáticas
14,00 €
Autor/a
Hernández Marcos
Aitor
Lingua/s
Galego

A escola da noite foi a obra galardoada na sexta convocatoria do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea, organizado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en 2023. Nas páxinas deste ensaio, Aitor Marcos consegue debuxar unha suxestiva e cativadora autobiografía intelectual balizada por multitude de referencias de ámbitos como a filosofía, o cinema ou a literatura universal. Cun rexistro que bascula entre o ensaio, a crítica e o xénero diarístico, Marcos lévanos da man nunha viaxe por algúns dos fitos da arte e da literatura universal, desde Filippo Marinetti, Gordon Matta-Clark, Bas Jan Ader ou Derek Jarman ata Andréi Tarkovski, Tolstoi, Pier Paolo Pasolini, Susan Sontag ou Angélica Liddell.

Temáticas
14,00 €

Parlamentos de xeo, asinada polo doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela Sergio Meijide Casas (A Coruña, 1996), foi a obra gañadora da sétima convocatoria do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude en 2024.
Este ensaio formula unha interesante reflexión acerca das transformacións acontecidas na práctica artística coa chegada do novo milenio. Fronte á idea da fin da arte, defendida por algúns pensadores moi recoñecidos, os acontecementos que tiveron lugar nas últimas décadas confirman que a historia da arte non se esgota coa arte pop e as prácticas conceptuais. Hai aínda moitas historias que se poden contar, narrativas abertas como o poscolonialismo, o feminismo ou o ecoloxismo, que non implican peches de ningún tipo, senón paradoxos que fan da tarefa da historia e da teoría da arte un eido de traballo aberto e con infinitas posibilidades.

Temáticas
25,00 €
Autor/a
Olmo García
Santiago B.
Autor/a
Cerviño López
Ángel
Autor/a
Poncela López
Natalia
Autor/a
Rodríguez González
Miguel Anxo
Autor/a
Donoso Calvo
Sara
Lingua/s
Castelán
Galego

En 2021, coincidindo co trixésimo aniversario da posta en marcha da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1990-2020), o CGAC organizou unha exposición que reunía unha selección significativa de traballos plásticos realizados polo alumnado que transitou polas súas aulas ao longo desas últimas décadas de actividade. Para este fin, escolléronse trinta artistas, que cobren o arco temporal das diferentes promocións.
O catálogo da exposición Cultivar incertezas ofrécenos un testemuño en papel do que foi aquela exposición, canda algunhas reflexións útiles sobre a experiencia que supuxo a implantación da formación superior en belas artes dentro do ecosistema da arte galega. Trátase dunha revisión necesaria sobre o que se fixo e o que aínda queda por facer.

Temáticas
25,00 €
Autor/a
Álvarez López
Cristina
Autor/a
Combarro
Nicolás
Autor/a
Delgado
Miguel Ángel
Autor/a
Olmo
Santiago
Autor/a
Pagán
Alberte
Autor/a
Parés
Luis E.
Autor/a
Vinyes Albes
Marina
Lingua/s
Castelán
Galego
Inglés

Novos imaxinarios profunda na creación cinematográfica recente en España e Portugal, e contextualízaa no marco dunha reflexión sobre o cinema máis alá da pantalla, onde as salas do museo proporcionan un lugar específico para proxectar novos imaxinarios. Organizada polo Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), esta mostra acolle propostas, ben inéditas ou ben presentadas por primeira vez en Galicia, de Oliver Laxe, Susana de Sousa Dias, Albert Serra, Helena Girón e Samuel M. Delgado, Lois Patiño, Salomé Lamas, Isaki Lacuesta e Laida Lertxundi. No seu formato expositivo, cada cineasta articula novas obras que debuxan parábolas cinematográficas con propostas instalativas que ocupan dous andares do museo; son novas linguaxes que nos achegan realidades desde unha perspectiva contemporánea, á vez que nos mostran as posibilidades narrativas e físicas dun medio en constante reinvención.