Guía de los archivos de la Xunta de GaliciaDatos
Sinopse
Os arquivos dependentes da Xunta de Galicia reúnen un patrimonio documental moi extenso, tanto polo seu volume como polo abano temporal que comprenden, que vai desde a Alta Idade Media (século IX) ata o século XXI. O seu interese é evidente tanto desde un punto de vista informativo ou cultural como administrativo. Os arquivos son recursos de coñecemento de gran valor pero practicamente descoñecidos para a maior parte da poboación. Trátase de contribuír á difusión tanto da existencia de centros administrativos ou culturais, como a natureza, orixe e a composición dos fondos documentais que os integran, así como a función social que desenvolven. A través do seu coñecemento, o lector accederá a unha realidade case descoñecida para a maior parte da cidadanía. A guía será unha porta de entrada ao coñecemento da realidade do patrimonio documental de Galicia.


