Fronda : Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense | Nº 22: Ano 3: maio-xuño 2009

Material textualFronda : Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense | Nº 22: Ano 3: maio-xuño 2009

Datos

Edita: Santiago de Compostela: Consellería de Cultura e Turismo, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2010
Edición: 
Lingua: 
Ilustracións: 
cor
2 páxinas
30 x 21cm

Sinopse

Fronda é unha publicación periódica bimestral en forma de folla voandeira coa que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) achega a un público amplo o contido dos seus fondos documentais e o contexto histórico no que estes foron producidos. Neste número (22) faise a segunda entrega relativa a documentos notariais, neste caso a traveso do rexistro de escrituras de Juan García, de 1484. Ao longo do texto explícase como xurdiu esta tipoloxía documental, o seu procedemento de redacción e como foi adquirindo valor probatorio durante a Idade Media.

Comparte