Lejos, América. David LamelasDatos
Sinopse
David Lamelas (Bos Aires, 1946) é unha figura clave da arte conceptual e un dos grandes protagonistas da escena artística arxentina na década dos sesenta. Desde os inicios, a súa obra distinguiuse por unha singular capacidade camaleónica para adaptarse a distintos contextos, xa fosen artísticos, arquitectónicos, xeográficos ou sociais, en capitais como Londres, Bruxelas, París, Milán, Os Ánxeles, Nova York ou Berlín.
A exposición que o CGAC lle dedicou en 2021 foi a súa primeira retrospectiva en España. Neste catálogo amósase a evolución do traballo de Lamelas a través de distintas etapas, desde os inicios a primeiros dos sesenta en Bos Aires ata o momento presente, e asemade incídese en dúas cuestións importantes: a relación de Lamelas con Galicia (os seus pais emigraron desde Manzaneda e Castro Caldelas durante a Guerra Civil) e a importancia do proxecto e mais do debuxo na súa práctica artística ao longo de toda a súa carreira; ben sexa como debuxos autónomos, como sucede na serie Aleph (1986-1989), ou como medio para desenvolver unha idea, no ámbito escultórico, fotográfico, fílmico ou arquitectónico.
Librarías que distribúen esta publicación
VENTA EN INTERNET. (Visita a nosa web). Máis de 12.000 títulos. Librería especializada en libros de...


