Catálogo

Amosando 901 - 912 de 2814

Boletín informativo de periodicidade bimestral elaborado pola Sección de Publicacións e Estatísticas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Estrutúrase en varias seccións: Actualidade, Estatísticas, Alertas e Normativa, e ten como principal obxectivo informar verbo das actuacións máis salientables da Consellería no seu ámbito competencial e a información e formación das persoas usuarias.

Autor/a
Varios
Lingua/s
Galego

Trátase dunha publicación que pasou do formato clásico en papel a páxina web. Esta revista continúa tendo como destinataria a comunidade escolar galega, docentes, alumnos/as e familias. Inclúe un foro educativo con artigos sobre temas de actualidade, traballos de investigación, artigos de divulgación, unha entrevista, retallos sobre a escola galega, experiencias de aula (experiencias pedagóxicas) e recensións de obras editadas recentemente. Incorpora, ademais, unhas seccións destinadas a traballos relacionados coas bibliotecas escolares, a innovación educativa e a formación do profesorado.

11,00 €
Autor/a
Rodríguez González
Xulio
Coautor/a
Xusto Rodríguez
Manuel
Coautor/a
Lorenzo Rumbao
Belén
Coautor/a
Núñez Sánchez
Mª del Pilar
Coautor/a
Veiga Romero
Ana María
Lingua/s
Galego

Este catálogo forma parte da exposición temporal "Santomé. Conxunto arqueolóxico natural" que este Museo Arqueolóxico vai mostrar no periodo de novembro 2019 a marzo 2020.

Temáticas
12,75 €
Coordinador/a
López Vázquez
Ramón
Lingua/s
Galego

O Dicionario de filosofía é unha obra escrita a varias mans, por profesores de filosofía de estilos e formacións diferentes, intereses e experiencias filosóficas diversas. O seu obxectivo é informar o alumnado galego no que atinxe aos conceptos fundamentais da nosa tradición filosófica e contribuír a formalo no pensamento crítico. Trátase dun dicionario de filosofía escolar en que os termos están elaborados en función da idade e mentalidade dos alumnos de bacharelato, mais sen diluír ren o esencial de cada concepto.

Coordinador/a
Lamas Casado
Rosa
Tradutor/a
Vilaboi Freire
Pilar
Lingua/s
Castelán
Galego

Libro en edición bilingüe galego-castelán que recolle as actas das tres edicións da Xornada sobre Bibliotecas Especializadas, nas cales se recollen os diferentes relatorios de autoras e autores que participaron. Os relatorios estrutúranse segundo a xornada a que pertencen.

 

 

Entidade
Galicia, Xunta. Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Inclusión Social
Lingua/s
Galego

Este informe de avaliación da Lei de inclusión social de Galicia informa sobre as prestacións económicas xestionadas pola Consellería de Política Social durante 2019 relativas á renda de inclusión social de Galicia (Risga) e ás axudas de inclusión social (AIS).

 

 

Autor/a
Cantero Muñoz
Paula
Autor/a
Mori Gamarra
Fátima Carmela
Autor/a
Maceira Rozas
María del Carmen
Lingua/s
Castelán

O obxectivo deste documento consiste en avaliar de forma comparada a seguridade e efectividade clínica da ablación térmica por láser e por radiofrecuencia no tratamento dos nódulos tiroideos benignos sólidos sintomáticos fronte ao tratamento habitual (cirurxía convencional ou vixilancia activa).

 

 

Autor/a
Paz Valiñas
Lucinda
Autor/a
Puñal Riobóo
Janet
Lingua/s
Castelán

O obxectivo deste documento é avaliar a efectividade e seguridade do dispositivo iSYS1®, que é un sistema remoto de guía e posicionamento sen armazón para intervencións en neurocirurxía estereotáctica guiada por imaxes. Este sistema consiste nunha unidade de microposicionamento robótico para guiar e posicionar de forma precisa os instrumentos (catéteres/eléctrodos) e unha unidade de macroposicionamento para a adaptación da unidade robótica ás diferentes mesas de intervención cirúrxica.

 


 

 

 

Autor/a
Paz Valiñas
Lucinda
Autor/a
Faraldo Vallés
María José
Autor/a
Bugarín González
Rosendo
Lingua/s
Castelán

O obxectivo deste documento é realizar unha revisión sistemática da literatura para determinar a validez diagnóstica da proba da velocidade da marcha como indicador de fraxilidade e con base nesta evidencia propoñer un marco para establecer un protocolo para a súa implementación.

 

O obxectivo dun programa de cribado neonatal (PCN) é o diagnóstico e tratamento precoz dos acabados de nacer afectados por unha enfermidade hereditaria e sempre antes de que se manifesten os síntomas da enfermidade, para evitar e/ou reducir a mortalidade e as posibles discapacidades. Para incluír unha enfermidade nun PCN debe cumprir uns requisitos esenciais e ofrecer un claro beneficio en saúde no neno que acaba de nacer. Neste traballo analízanse 3 enfermidades conxénitas: a enfermidade da urina con cheiro a xarope de pradairo, a acidemia isovalérica e a homocistinuria. Os resultados do informe indican que o cribado neonatal de calquera das enfermidades estudadas non mostra un claro beneficio na redución da mortalidade ou na mellora do prognóstico e que a proba se asocia cun gran número de resultados falsos positivos.