Material de promoción e información do "Programa galego de detección precoz do cancro de mama. Anticiparse pode salvar vidas".
Material de promoción e información do "Programa galego de detección precoz do cancro de mama. Anticiparse pode salvar vidas".
Neste monográfico expóñense os estados fenolóxicos do ciclo vexetativo da vide máis sensibles ás enfermidades do mildio, o oídio, a podremia gris e o black rot ou podremia negra, as medidas preventivas e os factores ambientais que inflúen nas condicións de desenvolvemento destes fungos.
Tradución das pasaxes referidas a Galicia sobre a evolución dos viñedos, do libro Vignobles et vins du Nord-Ouest de l´Espagne de Alain Huetz de Lemps
Actualización do libro de Benestar animal durante o transporte.
Folleto informativo sobre a Xornada técnica de micoloxía en Galicia.
Resumo gráfico dos efectos do porco celta sobre as árbores do ensaio para medir o dano e avaliar a resistencia destas árbores ao dano.
Resumo gráfico dos efectos do porco celta sobre as árbores do ensaio para medir o dano e avaliar a resistencia destas árbores ao dano.
Recompilación e difusión dos datos estatísticos máis salientables dos sectores agrogandeiro, forestal e alimentario galegos.
Resumo dos resultados dos ensaios para avaliar o rendemento e a calidade das variedades de millo forraxeiro máis utilizadas en Galicia, así como outras que poidan resultar de interese.
Esta nova monografía de datos forestais estatísticos ten unha relevancia equiparable á presentada o ano anterior, pola importancia que leva consigo a continuidade na actualización, ampliación e incorporación de series históricas dos ditos datos.
Mariana de Neoburgo, alemá de nacemento, foi a raíña de España desde 1989 ata 1770. Converteríase, por un lado, nunha figura política española de finais do século XVII, a través do seu matrimonio co rei Carlos II (1661 – 1700) e, por outro, nunha soberana pouco querida polo pobo español pola súa orixe estranxeira e a súa natureza fachendosa. Este volume é un facsímile de 11 impresos do século XVII sobre a viaxe da raíña por Galicia.
Os traballos desenvolvidos para o discurso e contido do Museo do Viño de Galicia reúnen a calidade e o interese necesarios para merecer a súa publicación; neste caso trátase de dar a coñecer os traballos relativos a granxas dedicadas á vitivinicultura nos ribeiros do Miño e do Avia.