Consulta de odontoloxía: Vídeos de accesibilidade cognitiva para persoas refuxiadas solicitantes
0,00 €
Sinopse
Un dos problemas máis frecuentes que atopa o colectivo de refuxiados no sistema sanitario é o problema de comunicación provocado polo descoñecemento do idioma.
Por isto, un dos itinerarios formativos do Programa de mellora da asistencia sanitaria ás persoas refuxiadas, solicitantes e beneficiarias de protección internacional ten o obxectivo de facilitar o acceso e o coñecemento do sistema sanitario a estas persoas mediante ferramentas formativas relacionadas co desenvolvemento dalgunhas técnicas de diagnóstico, consultas de especialistas etc.
Ficha técnica
Editorial
Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
Santiago de Compostela
Ano de edición
2020
Edición
1ª
Lingua/s
Galego