Realización dunha análise de sangue: Vídeos de accesibilidade cognitiva para persoas refuxiadas solicitantes e beneficiarias de protección internacional

0,00 €
Sinopse

Un dos problemas máis frecuentes que atopa o colectivo dos refuxiados no sistema sanitario é o problema de comunicación provocado polo descoñecemento do idioma.
Por isto, un dos itinerarios formativos do Programa de mellora da asistencia sanitaria ás persoas refuxiadas, solicitantes e beneficiarias de protección internacional ten o obxectivo de facilitar o acceso e o coñecemento do sistema sanitario a estas persoas mediante ferramentas formativas relacionadas co desenvolvemento dalgunhas técnicas de diagnóstico, consultas de especialistas etc.
Os vídeos de accesibilidade cognitiva permiten salvar a barreira idiomática para que estas persoas poidan comprender, de modo sinxelo, os pasos que se seguen en diferentes situacións da atención sanitaria.

Ficha técnica

Editorial
Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
Santiago de Compostela
Ano de edición
2020
Edición
Lingua/s
Galego