Publicación con información diversa do Instituto Galego das Cualificacións, para a súa divulgación.
Publicación con información diversa do Instituto Galego das Cualificacións, para a súa divulgación.
Catálogo das escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego de Galicia correspondente ao ano 2009. Comprende unha reseña das principais actuacións e características dos traballos e actividades formativas realizadas en cada un dos proxectos, acompañadas dunha reportaxe fotográfica ilustrada. Así memo, recolle a localización xeográfica dos proxectos e os datos estatísticos provinciais e autonómicos.
ublicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar no ano 2009. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE).
Estudo cun marcado carácter técnico sobre os riscos derivados dos traballos de construción e reparación naval e os métodos que resultaron ser máis axeitados para previlos ou controlalos. Está dirixido aos profesionais da seguridade e a saúde que deben abordar a prevención dos riscos laborais desta actividade.
Guía feita como complemento a axuda á formación dos traballadores do sector eléctrico, recollendo os riscos deste tipo de traballos, as precaucións e as normas operativas de seguridade que hai que ter en conta cando se realicen traballos ou manobras e instalacións ou con equipos eléctricos.
Este manual pretende ser un instrumento que permita formar sobre as principais habilidades, estratexias e procedementos para afrontar e manexar correctamente as situacións de coidado e para que as persoas coidadoras poidan desenvolver a súa tarefa coa mellor competencia técnica e emocional. Preténdese, así mesmo, impulsar o recoñecemento social das persoas coidadoras e posibilitar unha cualificación profesional na atención socio sanitaria a persoas en situación de dependencia.
Recompilación dos principais datos da Comunidade Autónoma de Galicia, referidos fundamentalmente ao ano 2009 e ás seguintes áreas temáticas: conciliacións individuais e colectivas, eleccións sindicais, folgas e peches patronais, infraccións e sancións na orde social, regulación de emprego, apertura de centros de traballo e empresas de traballo temporal.
ublicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar no ano 2009. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios oficiais das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE).
Publicación periódica mensual na que se recollen novas sobre as actuacións máis salientables da Xunta de Galicia nos eidos laboral e do benestar. Acompaña á publicación unha recompilación normativa de lexislación relacionada con estes ámbitos de carácter autonómico (DOG e diarios das restantes comunidades autónomas), estatal (BOE) e comunitario (DOUE). Tamén se dá unha relación das publicacións editadas en rede cos seus enlaces para a súa descarga.
Manual de carácter divulgativo que relaciona o emprego como unha forma de calidade de vida
Informe que pretende actualizar os datos agregados máis significativos do colectivo cooperativo. Prímase, na súa elaboración, a obtención de datos reais a través da análise acumulada dos datos relativos ás contas anuais depositadas no Rexistro de Cooperativas de Galicia. No nivel estrutural este informe divídese en tres partes: perspectiva xeral, análise económico-financeira e desenvolvemento institucional -políticas públicas- asociacionismo.
Memoria de avaliación das unidades de desenvolvemento infantil e apoio familiar das comarcas do Deza e Salnés.