Catálogo

Amosando 193 - 204 de 2811
12,00 €
Autor/a
Calvo Gens
Laura
Lingua/s
Galego

Orixinal premiado polo xurado do III Premio CGAC de investigación e ensaio en 2020, Memoria do azul: a afección monocroma do contemporáneo é unha persoal reflexión sobre a presenza e o significado desta cor na arte contemporánea. A partir de diversos exemplos, a autora do texto, Laura Calvo Gens, reflexiona acerca dos valores e significados asociados a esta gama cromática recorrendo a exemplos diversos que van desde o pigmento azul de Yves Klein até as implicacións políticas dunha obra emblemática como Blue (1993), de Derek Jarman.

Temáticas
Coordinador/a
Alonso Girgado
Luís
Coordinador/a
Cochón
Luís
Coordinador/a
Requeixo
Armando
Lingua/s
Galego

O número XLV dos Cadernos Ramón Piñeiro (XLV), titulado Estudos arredor de Florencio Delgado Gurriarán xunta unha vintena de artigos centrados en diferentes aspectos da vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2022. A súa poesía, os traballos de tradución, as vicisitudes do exilio ou o epistolario con varios compañeiros galeguistas son algúns dos asuntos tratados neste volume editado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde desenvolveu o proceso asistencial integrado para o dano cerebral adquirido recollendo a evidencia científica actual a aplicar nas intervencións que se teñen que realizar ao longo deste proceso. Definindo fluxos e circuítos que eviten a duplicidade de actividades ou a realización daquelas que non xeren un valor engadido ao usuario.
Este proceso asistencial integrado está acorde coas estratexias e liñas de acción promovidas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria e está coordinado desde a Subderección Xeral de Xestión Asistencial e Innovación a través do Servizo de Integración Asistencial.

31,00 €

Esta publicación é un compendio froito da actividade que co título Peza do mes se vén desenvolvendo, de forma ininterrompida, desde febreiro de 1999, nacida da inquietude de dar a coñecer e pór en valor a interesante e variada colección dos fondos deste museo. A súa práctica foi a ocasión de sacar á luz e de pór ao servizo da investigación pezas dun alto valor documental, moitas delas agochadas e custodiadas nos almacéns e, en consecuencia, ignoradas tanto para o público en xeral coma para os especialistas nas distintas disciplinas.

Coordinador/a
Andrés Padín
Tamara
Coordinador/a
Naveira Fuentes
Manuel
Coordinador/a
Requeixo Cuba
Armando
Lingua/s
Galego

No volume "Francisco Fernández del Riego no río do tempo", entrega número 46 da serie de Cadernos Ramón Piñeiro, converxen dezaseis achegas que, en proxección calidoscópica, conforman un retrato substancial da vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023. Organízase arredor de tres grandes eixos: "Intelectual e cidadán" —sobre a traxectoria vital e o percorrido do de Lourenzá como integrante de diversas institucións—, "Literatura e pensamento" —centrado no perfil máis autorial— e "Relacións e amizades" —no que se dá conta da súa ligazón con outros escritores e ámbitos—.

15,00 €
Lingua/s
Galego

Nº 14 da colección O papel do teatro, que acolle as obras levadas á escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas. Manuela Rey is in da house nace da necesidade de dar a coñecer e reivindicar a figura de Manuela Rey, conmemorar e celebrar a vida e a traxectoria artística dunha das figuras máis destacadas do teatro galego e que levou consigo a esencia e a memoria da nosa terra aos escenarios da terra que a acolleu: o veciño Portugal. Manuela Rey, Manuela Lopes Rey, é máis que unha liña no libro de rexistro de enterramento do Cemitério dos Prazeres de Lisboa. É un misterio que comeza en Mondoñedo, nunha casa da aldea de San Vicente de Trigás en 1842, e acaba na Praça da Figueira de Lisboa. De Mondoñedo a Lisboa, de Galicia a Portugal. Seiscentos setenta e un quilómetros e 23 anos de vida. Vinte e tres anos de teatro.

Apoiar e impulsar a creación de mesas locais de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero (en diante, MLC) nas entidades locais de Galicia, como instrumentos para optimizar a cooperación de todas as institucións e entidades implicadas na loita contra a violencia de xénero.

0,00 €

A través deste protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas nos establecementos de lecer nocturnos preténdese establecer unhas pautas preventivas e de actuación cando se produza algún tipo de violencia contra as mulleres ou as persoas LGBTI nos establecementos de lecer nocturnos dá Comunidade Autónoma de Galicia.

No Informe 2022 da Cooperación Galega dáse conta de todas as actuacións que se levaron a cabo ao longo do exercicio 2022, en cumprimento do Plan anual 2022 da Cooperación Galega, que foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 3 de febreiro de 2022, logo de recibir o informe favorable do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento na súa reunión plenaria do 20 de xaneiro, e de conformidade co previsto nos artigos 83.4 e 87.2 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia.