Obra producida polo Centro Dramático Galego en 2007 que conta a historia dunha rapaza, pequena aprendiz de pallasa, que para atopar o riso que perdera na escola emprende unha viaxe fantástica por distintos lugares, e que remata no circo, onde finalmente atopa o seu riso. Número infantil da colección Escena Aberta.